"EUR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 354.
-
-
Denominación xenérica que reciben diversas dermatoneuroses en que non hai ningunha reacción cutánea, so un proído intenso.
-
Proído esencial da pel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación superficial da pel que produce un picor intenso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Neuralxia ou neurite que se produce pola compresión que ocasiona unha inflamación ou un tumor situado principalmente nun burato ou conduto óseo que é atravesado por un nervio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das estruturas que forman o sistema nervioso central, que está formado polo cerebro, o cerebelo, os pedúnculos, a protuberancia, o bulbo e a medula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neuroendocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia que estuda as relacións entre os sistemas nervioso e endócrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recubrimento ectodérmico do conduto neural embrionario que está constituído por células epiteliais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do endoesqueleto dos vertebrados que recobre e protexe o sistema nervioso central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das fibras do citoplasma das neuronas e das súas prolongacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se orixina no tecido conxuntivo dos nervios e que está formado pola proliferación do perineuro e do endoneuro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se orixina por un trastorno do desenvolvemento do ectoderma e que se caracteriza pola asociación de múltiples neurofibromas no traxecto dos nervios periféricos, que produce, ademais, unhas manchas de cor marrón na pel. A identificación do xene responsable permitiu desenvolver unha proba de diagnose prenatal cun 98% de efectividade. OBS: Tamén se denomina enfermidade de von Recklinghausen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da fisioloxía que estuda as funcións biolóxicas do sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neurofisioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos altamente velenosos que pertencen ao grupo dos ésteres orgánicos que derivan do ácido fosfórico. Os neurogases foron sintetizados pouco antes da Segunda Guerra Mundial por Gerhard Schrader e os seus colaboradores. Os máis coñecidos son o tabún, o sarín e o somán. Introdúcense dentro do organismo por inhalación, inxestión do líquido ou absorción cutánea e actúan bloqueando o enzima que emprega o organismo para destruír a colinesterase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
glía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neuroglía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lóbulo posterior da hipófise, unido ao hipotálamo polo talo hipofisario, onde se almacenan as hormonas vasopresina e oxitocina, que están sintetizadas nos núcleos supraóptico e supraventricular do hipotálamo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona que se produce e se libera por células nerviosas especializadas. Sintetízase e transpórtase a través dos axóns cara á terminación nerviosa, en que se libera como resposta a estímulos que chegan tamén a través do axón.
-
-
Que calma a hiperactividade neuromuscular.
-
Medicamento psicodepresor, que ten efectos farmacolóxicos no sistema nervioso central e periférico e que se emprega clinicamente no tratamento das psicoses graves. Potencia o efecto dos hipnóticos e anestésicos e aumenta a síntese e a degradación da dopamina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de indiferenza psíquica e repouso motor sen perda profunda da consciencia que foi descrita por Mundeleer e De Castro en 1959. Co emprego dun tranquilizante maior (neuroléptico) en doses altas e un analxésico potente, conséguese un estado de profunda sedación, analxesia e esmorecemento neurovexetativo que permite realizar intervencións cirúrxicas importantes sen necesidade doutro tipo de anestesia.