neurogás
neurogás
(
s
m
[QUÍM/BÉL]
Cada un dos compostos altamente velenosos que pertencen ao grupo dos ésteres orgánicos que derivan do ácido fosfórico. Os neurogases foron sintetizados pouco antes da Segunda Guerra Mundial por Gerhard Schrader e os seus colaboradores. Os máis coñecidos son o tabún, o sarín e o somán. Introdúcense dentro do organismo por inhalación, inxestión do líquido ou absorción cutánea e actúan bloqueando o enzima que emprega o organismo para destruír a colinesterase.