"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • Embarcación militar destinada a destruír os torpedos inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor estadounidense. Realizou estudios en Harvard e posteriormente na Academia de Múnic. Ao seu regreso a EE UU, desenvolveu a docencia en Boston e dedicouse á composición. Da súa produción destaca a ópera The Pipe of Desire (1905), primeira ópera norteamericana que se representou no Metropolitan Opera House (1910). Ademais é autor de sinfonías e poemas sinfónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional por nacións de tenis feminino. Creouse en 1963 para conmemorar as vodas de ouro da International Tennis Federation. Ao longo das sucesivas edicións foi variando a fórmula da competición: ata 1994, as eliminatorias xogábanse a tres partidos (2 individuais e 1 dobre). O palmarés do torneo encabézao EE UU, que posúe 17 títulos. En segundo lugar figura Australia, vencedora en 7 ocasións. España ocupa o terceiro lugar con 5 triunfos, igual que Checoslovaquia, aínda que as españolas xogaron tres finais máis (un total de 9). A República Federal de Alemaña, con dúas vitorias, e Francia e Sudáfrica con cadanseu título, completan o cadro de honor da competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que mide a velocidade aparente dun barco. A antiga consiste nunha peza de madeira en forma de sector circular que flota no punto onde caeu, mentres se vai soltando corda desde a embarcación en marcha, feito que permite coñecer a distancia percorrida pola embarcación nun tempo dado e, polo tanto, a velocidade. A corredeira mecánica mide mediante o movemento de rotación que toma un eixe con ás helicoidais somerxido na auga cando a embarcación está en marcha. Tamén existe a corredeira pneumática, que actúa pola presión dinámica que exerce a auga sobre o casco do barco e que é proporcional á velocidade deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha cabria de azul

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto teolóxico, non moi precisado, que expresa a cooperación da Virxe María na obra redentora de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redentor xunto con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina para cortar o céspede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Bra, Piemonte 1786 - Chieri, Piemonte 1842) Sacerdote e filántropo. Fundou en Turín a Picolla Casa della Divina Providenza en 1832, destinada a escola para xordomudos, orfanato, hospicio de cegos, epilépticos, etc. Para a asistencia dos acollidos, Cottolengo instituíu as comunidades de fillos de San Vicente, dos irmáns de San Vicente e dos presbíteros da Santísima Trindade. Foi canonizado no 1934 e a súa festa celébrase o 29 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesa que se pon preto do altar onde se coloca o necesario para a celebración dos actos litúrxicos.

    2. Aparador ou andel no que se poñían as bebidas para servírllelas ao rei ou ao señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acredita.

    2. Documento no que consta o cargo ou a situación oficial dunha persoa.

    3. carta credencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estaba encargada da credencia, sobre todo do coidado dos frascos do viño e da auga cos que facía a salva antes de que bebera o seu señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, historiador, crítico de arte e político italiano. Comezou a súa andaina política como senador (1910), ministro de Educación (1920-1921) e, trala caída do fascismo, foi ministro (1944), presidente do Partido Liberal (1947) e deputado e senador (1948). Fundou en Nápoles o Instituto de Estudios Históricos (1947). A primeira sistematización da Filosofia dello spirito (Filosofía do espírito), corpus do seu pensamento, foi L’estetica come scienza dell’espressione e linguistica generale (A estética como ciencia da expresión e da lingüística xeral, 1902), na que identificou o espírito coa realidade enteira e distinguiu catro formas de actividade espiritual: a teorética e a práctica que, xeminadas en formas individuais, deron a fantástica e a económica; e divididas en formas universais produciron o pensamento lóxico e a acción moral. Entendeu a arte como unha intención lírica, como unha imaxe fragmentaria da realidade. En Il carattere...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal vertebrado que ten catro patas, especialmente aos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Realizou o retablo de Santa Baia de Parderrubias (A Merca) no ano 1592.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e ensaísta inglés. Coñecido polo pseudónimo Wilhelm Nero Pilate Barbellion, exerceu como xornalista a partir dos 16 anos. Posteriormente, interesouse polas ciencias naturais e gañou por oposición en 1911 unha praza no museo de Historia Natural de Londres. Publicou The Journal of a Disappointed Man (O diario dun home desilusionado, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. O seu interese pola historia natural xurdiu a partir do debuxo e do traballo con láminas. En 1794 viaxou a París tras ser chamado polo naturalista Geoffroy Saint-Hilaire, quen lle proporcionou un posto na área de anatomía nos xardíns reais. Impulsor dos estudios de anatomía comparada e paleontoloxía, desenvolveu un modelo científico propio e de certa transcendencia, o cuvierismo, que dominou as ciencias naturais europeas durante a primeira metade do s XIX. Defendeu a teoría catastrofista que explicaba os cambios xeolóxicos e biolóxicos observados na natureza como consecuencia de sucesivas “catástrofes”, ás que seguían novos procesos de creación, nos que os fósiles eran restos desas creacións anteriores. Enfrontouse, con éxito, a científicos, como o propio Geoffroy Saint-Hilaire e Lamarck, feito que atrasou a recepción do evolucionismo en Francia e noutros países. Publicou Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada, 1800-1805), Recherches...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo e químico. Inventou a pila eléctrica (1836) e o higrómetro (1820) que levan o seu nome, e o pirómetro (1830). Desenvolveu un sistema de iluminación con gas baseado no aproveitamento de resinas naturais que se empregou durante bastante tempo en Nova York. Entre as súas obras cómpre salientar Meteorological Essays (Ensaios meteorolóxicos, 1823), Essay on Artificial Climate Considered in Its Applications to Horticulture (Ensaio sobre o clima artificial considerado nestas aplicacións para a horticultura, 1839) e Introdution to the Study of Chemical Philosophy (Introdución ao estudo da filosofía química, 1839).

    VER O DETALLE DO TERMO