Converse, Frederick Shepherd
Converse, Frederick Shepherd
Compositor estadounidense. Realizou estudios en Harvard e posteriormente na Academia de Múnic. Ao seu regreso a EE UU, desenvolveu a docencia en Boston e dedicouse á composición. Da súa produción destaca a ópera The Pipe of Desire (1905), primeira ópera norteamericana que se representou no Metropolitan Opera House (1910). Ademais é autor de sinfonías e poemas sinfónicos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Newton, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Westwood, Massachusetts