"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Fundador de Ollomol Teatro Submarino e Ollomoltranvía, participou en diversas montaxes do Centro Dramático Galego. Ademais, actuou na curtametraxe El río tiene manos (2000), nas series Pratos combinados, A Familia Pita, Mareas Vivas e Terras de Miranda, da TVG. Compañeros, de Antena 3 e Hospital Central, de Tele 5 e nas longametraxes Martes de Carnaval (1991), Sé quien eres (2000), O lapis do carpinteiro (2002) e Ilegal (2002). Son múltiples as interpretacións en teatro entre as que destacan Mozart e Salieri (1987), Don Hamlet (1992), Raíñas de Pedra (1994), Qui Pro Quo (1998), Monólogo do imbécil (2002) e A Comedia do Gurgullo (2003). Entre os seus traballos máis recentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rapidez ou lixeireza na execución de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós homónimo, situado en Epiro, Grecia (13.624 h [1991]). Porto importante da rexión do Mar Xónico, é un centro comercial de oliveiras, aceite, cítricos e gran. Destruída polos búlgaros, desde 1499 a 1530 estivo baixo o dominio veneciano, ata que pasou aos turcos. En 1538 foi sede dun combate naval entre os turcos e a frota cristiá comandada por Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Epiro, Grecia (1.036 km2; 58.628 h [1991]). A súa capital é Préveza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se lle ten moita estima ou consideración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de puro.

    2. Condición en moitas relixións de non contaminado polo contacto con persoas ou cousas que un considera impuras, sobre todo con vistas ao culto.

    3. Comparación que se efectúa entre propiedades perfectamente coñecidas, empírica ou teoricamente, dunha substancia e as dunha mostra concreta desta, para determinar a súa pureza. Nas sólidas con punto de fusión definido, o criterio de pureza máis empregado é o punto de fusión mixto. Para os líquidos utilízase o punto e intervalo de ebulición e o índice de refracción, e para as substancias opticamente activas, a rotación óptica molecular (actividade óptica). Tamén se empregan como criterio de pureza os datos espectroscópicos e a pureza cromatográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • crebacabezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (1.951 km2; 624.716 h [2002]). A súa capital é Quezaltenango (127.569 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quireza (Cerdedo). O seu cumio acada os 544 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Lérez, que nace na parroquia de Tomonde e desemboca na de Pedre (Cerdedo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerdedo baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de raro.

    2. Cousa rara.

    3. Acto característico dunha persoa de carácter extravagante.

    4. Insuficiencia da cantidade que existe dun ben con relación á cantidade de demanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou condición de rei ou de raíña.

    2. Calidade de maxestoso ou magnificencia semellante á que rodea a un rei ou a unha raíña.

    3. Conxunto das persoas que pertencen a unha ou varias familias reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver dar comezo a algo.

    2. olver ter comezo algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza acolchada fixada á parte superior do respaldo do asento dun vehículo que serve para apoiar a cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Irán (1925-1941). Antigo xefe da brigada cosaca que operaba en Irán, conquistou Teherán (1920) ao exército soviético e proclamouse primeiro ministro (1923). Logo de recibir plenos poderes do parlamento, exiliou o xa e proclamouse xa el mesmo. A raíz da Segunda Guerra Mundial, a URSS e Reino Unido invadiron o país e foi obrigado a abdicar (1941) en favor do seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán.

    VER O DETALLE DO TERMO