Préveza

Préveza

Capital do nomós homónimo, situado en Epiro, Grecia (13.624 h [1991]). Porto importante da rexión do Mar Xónico, é un centro comercial de oliveiras, aceite, cítricos e gran. Destruída polos búlgaros, desde 1499 a 1530 estivo baixo o dominio veneciano, ata que pasou aos turcos. En 1538 foi sede dun combate naval entre os turcos e a frota cristiá comandada por Andrea Doria.