"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • GALICIA

    Escritor. Foi catedrático de Latín e Humanidades, de Retórica e Poética e de Perfección de Latín y Principios Generales de la Literatura. Traduciu ao galego a oda “Beatus ille” de Horacio e a súa obra foi recollida postumamente en Poesías de José García Mosquera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Exerceu o misionado en México e publicou El día y la noche al revés, Los pajarillos de San Antonio, La flauta misteriosa e Primicias religiosas de América. Recuerdo del IV Centenario Colombino (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán M. García Naveira (Betanzos 16.5.1849 - 9.3.1933) e Xesús García Naveira (Betanzos 14.6.1853 - San Nicolás de los Arroyos, Arxentina 24.3.1912) Emigraron a Arxentina onde se dedicaron ao mundo empresarial. Destinaron gran parte da súa fortuna á fundación de obras benéfico-empresariais en Betanzos e Arxentina. Entre elas, cómpre mencionar o Asilo García Hermanos (10.11.1912) e as Escuelas García Hermanos (2.9.1914). Individualmente, X. M. García Naveira apoiou coas súas doazóns a realización de diversos proxectos, como a construción dos Xardíns do Pasatempo, un refuxio para nenas con discapacidades físicas e o Sanatorio San Miguel. Pola súa banda, X. García Naveira cedeu parte do seu legado á cidade de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Participou na creación en 1982 do BNG e formou parte das súas listas electorais en distintas campañas. As grandes liñas do seu traballo de investigación céntranse na economía de Galicia, a economía pesqueira, os estudios de xénero e a enerxía, os recursos naturais e o medio ambiente. Foi directora do Centro de Documentación Europea da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994) e membro do consello científico do Instituto de Desenvolvemento de Galicia (desde 1997). Ademais da súa participación en Grupos de Investigación, Foros e Congresos, publicou a monografía A pesca galega no proceso de integración económica española, 1961-1981 (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga e política. Desde 1985 pertence ao departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. A súa tese de doutoramento, Lingua galega e lexislación (1991), foi a primeira realizada sobre lingua galega e lexislación iuslingüística. Ademais, ocupouse (1978-1979) da sección “O idioma” do semanario A Nosa Terra, primeira do seu xénero (divulgación de bos usos na práctica oral e escrita da lingua), publicada en medios de comunicación galegos. Membro do Consello Nacional do BNG e deputada no Parlamento galego desde 1989, foi a impulsora da creación da Comisión para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres (1994) na Cámara galega. Destacan as súas obras 33 aproximacións á literatura e a língua galega (1984), en colaboración con X. Mª Dobarro, O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991), O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995), en colaboración con X. Costa Casas, Poesia galega de Valentin...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Recibiu o título superior de Maxisterio en 1895 e foi profesor, entre outras, nas escolas ferrolás da Graña e de Canido. Foi tamén impulsor das colonias e paseos escolares e dirixiu, xunto con Marcelino Pedreira, o Padroado Local de Colonias (A Coruña). Defendeu unha nova educación baseada nunha escola integral, neutral, obrigatoria e gratuíta, e unha revolución pedagóxica que implicaba a sociedade, a familia e os docentes. Foi membro da ATE-FETE e publicou Los hombres del mañana (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundador e director da revista Garcilaso que reuniu o grupo literario Juventud Creadora. Da súa produción destacan Vísperas hacia ti (1940), Del campo y soledad (1946), Tregua (1951), Geografía es amor (1957), La hora undécima (1963), Taller de arte menor y cincuenta sonetos (1973), Galiana (1986), Carta a la madre (1988) e Mar viviente (1989). Membro da Real Academia Española (1982) e presidente do Círculo de Bellas Artes (1982), recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Literatura en 1951 e 1957 e o Premio Cervantes en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Exerceu a profesión en Pontedeume e foi presidente do Colexio de Farmacéuticos da Coruña. Á parte de numerosos artigos de carácter científico, publicou La constante de Ambard (1926), obra na que plasma os seus traballos sobre esta constante, que relaciona a existencia de urea no sangue coa presente nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e sacerdote. Membro da orde dos franciscanos, foi profesor de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e de teoloxía no Seminario de Burgos. Colaborador en diversas publicacións, das súas obras destacan La provincia franciscana de Santiago y la Inmaculada (1954), La reforma de los religiosos españoles en tiempos de los Reyes Católicos (1969), Cisneros y la reforma del clero español (1971), Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV (1976), Galicia en los siglos XIV y XV (1987), Historia da Igrexa galega (1994), Bayona y el espazo urbano tudense en el siglo XVI: estudo histórico y colección diplomática (1995), Felipe II y el Patronato Real en Castilla (2000) e Cisneros, el cardenal de España (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e mestra. Formouse coa pintora compostelá María Jesús Reboredo. Traballa ao óleo, carbón e pastel. Cultiva unha pintura realista, cunha certa influencia impresionista, na que reflicte escenas da vida cotiá e paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e arquitecta técnica. Formouse coa pintora compostelá María Jesús Reboredo. Traballa ao óleo, pastel, carbón e acuarela. Cultiva unha pintura realista, influenciada polo impresionismo. Cunha paleta de cores vivas reflicte escenas da vida cotiá, paisaxes e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, foi delegado de La Voz de Galicia en Ferrol, director e presentador dos programas Xente Nosa e Contrafío da TVG, xefe de informativos da cadea COPE en Vigo e director rexional de Onda Cero en Galicia. Obtivo o Premio Santiago ao mellor labor radiofónico, concedido pola Televisión Española en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Profesora dende 1988 na Facultat de Belles Arts de Sant Carles de València. A súa obra evolucionou dende o inxenuismo de signos e seres elementais ata obras complexas e irónicas. Emprega as gamas de grises, verdes, azuis e ocres en lenzos que, en ocasións, se achegan a un informalismo de carácter conceptual e outras á arte pobre. Recibiu, entre outros galardóns, o Segundo Premio da II Bienal de Alfalfar de València (1984) e o Premio e a adquisición de obra na I e II Mostra Unión Fenosa (1989 e 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi cofundador do grupo Nome e da Federación Galegas de Artistas Plásticos. Recibiu o Primeiro Premio na Exposición Nadal de Santiago de Compostela (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, pintor e escultor. A súa obra pitórica, caracterízase por unha importante vertente literaria, cun constante cambio de temas e formatos; o seu debuxo é esquemático. A súa produción evolucinou dende unha etapa caracterizada polo emprego dos trazos negros moi marcados ata outra influenciada polo puntillismo, aínda que nunca perdeu a referencia aos vestixios históricos e o carácter expresionista. Ilustrou as Cantigas de Amigo (1999) e Los Milagros del Apóstol Santiago (1999). Realizou exposicións en diversas cidades españolas e en Dinamarca, EE UU, Mónaco e Suíza. Recibiu o premio de debuxo Joan Miró (1971). A súa obra está presente nas coleccións Caixanova e Caixa Galicia e no Parlamento e na Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi profesor de debuxo na Escola de Mestría Industrial e na Escola de Artes e Oficios, da que foi director. Colaborou en Vida Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Cerca de Oviedo (1946), Cuentos de mamá (1952), Antología de cuentistas españoles contemporáneos (1959), Cuentos republicanos (1961), El teatro social en España (1962), El reinado de Witiza (Premio da Crítica 1969), Las hermanas coloradas (Premio Nadal 1969) e Cuentos de amor...vagamente (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Da súa produción destaca IV Melodía. Desfíe de ambente galego (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Publicou Poemas de Carmeliña (1983), Poemas da miña terra (1985) e Poesía para nenos (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destaca Latidos (1973), Crónicas de un mayordomo (1977) e Pontevedra mágica (Premio Daniel de la Sota 1977). Entre outros galardóns, recibiu o Premio anual de Periodismo da Deputación de Pontevedra (1974, 1976 e 1977), dúas medallas de ouro nos Xogos Florais de Guimarães (1976 e 1977) e o Premio Valentín de Lillo (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO