García Naveira, irmáns

García Naveira, irmáns

Xoán M. García Naveira (Betanzos 16.5.1849 - 9.3.1933) e Xesús García Naveira (Betanzos 14.6.1853 - San Nicolás de los Arroyos, Arxentina 24.3.1912) Emigraron a Arxentina onde se dedicaron ao mundo empresarial. Destinaron gran parte da súa fortuna á fundación de obras benéfico-empresariais en Betanzos e Arxentina. Entre elas, cómpre mencionar o Asilo García Hermanos (10.11.1912) e as Escuelas García Hermanos (2.9.1914). Individualmente, X. M. García Naveira apoiou coas súas doazóns a realización de diversos proxectos, como a construción dos Xardíns do Pasatempo, un refuxio para nenas con discapacidades físicas e o Sanatorio San Miguel. Pola súa banda, X. García Naveira cedeu parte do seu legado á cidade de Betanzos.