"IBE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 465.
-
PERSOEIRO
Médico e mártir. Morreu martirizado polos vándalos xunto á súa esposa. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos instrumentos de medicina. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal latino Liberatus, derivado de liberāre ‘liberar, ceibar’. Presenta as variantes Liberado/Librada. Destacan con este nome o mártir san Liberato (s V), que se celebra o 23 de marzo; santa Liberata de Como (s VI), que se celebra o 18 de xaneiro, e santa Liberata (s II), patroa do concello de Baiona, que se celebra o día 20 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para liberar.
-
-
-
Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición. Na tradición oral recóllense ditos como: “A liberdade non hai quen a pague, porque non se sabe o que vale. A moita liberdade, bota a perder ás veces a mocidade. Máis vale liberdade con pobreza, que cadea con riqueza. O que ten liberdade non sabe o que ten, se é que o pensa ben”.
-
Permiso que ten alguén para facer algo.
-
Desenvoltura ou naturalidade de movemento.
-
-
-
liberdade civil
Estado dos cidadáns que teñen os seus dereitos protexidos por unha comunidade civil organizada.
-
liberdade condicional
Beneficio que se lle concede a un penado polo que obtén a liberdade ata o fin da súa condena, e que pode ser concedida por unha autoridade xudicial, administrativa ou penitenciaria.
-
liberdade de contratación
Principio polo que toda persoa con capacidade suficiente pode concluír contratos privados con plena autonomía sempre que non atente contra as leis, a moral e a orde pública.
-
liberdade de expresión
Dereito fundamental polo que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións e crenzas.
-
liberdade de imprenta
Dereito de imprimir canto se queira, coa suxección ás leis e sen censura.
-
...
-
liberdade civil
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no substantivo latino libertatem ‘liberdade’. É un nome ideolóxico recente, de carácter democrático ou libertario, para render culto á idea que encerra a palabra.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental que limita ao N con Guinea, ao L con Costa de Marfil, ao S e SO co Océano Atlántico e ao NO con Serra Leona (111.369 km2; 3.226.000 [estim 2001]). A capital é Monrovia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Constitúe un grande altiplano que descende irregularmente cara á costa. Distínguese a costa baixa e regular e unha área intermedia de baixos outeiros que se eleva cara a un altiplano interior que culmina nos montes Nimba (1.752 m alt). O clima é subecuatorial, moi húmido e caloroso. As precipitacións concéntranse de maio a outubro, e son máis abundantes na costa ca no interior. Está atravesada por numerosos ríos, con rápidos, que desembocan no Océano Atlántico. O país está cuberto de bosque ecuatorial, aínda que está en continuo retroceso pola acción do home, que o substitúe polas plantacións.
Xeografía económica
A economía baséase fundamentalmente na agricultura. Unha gran parte da poboación practica... -
-
Relativo ou pertencente a Liberia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Liberia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao líber.
-
PERSOEIRO
Papa (352-366). Foi expulsado de Roma polo Emperador Constancio II (353), que apoiaba a herexía ariana, a causa da súa negativa a condenar a Atanasio de Alexandría. Posteriormente asinou unha fórmula da fe ariana e volveu a Roma (358). Edificou a igrexa de Santa Maria Maggiore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Publicou Camiños para mellorar a rendibilidade das empresas socialistas (1956) e Principais problemas da mecanización e a automatización da produción (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está composto de líber (floema) e xilema.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (1.653 km2; 622.509 h [estim 1997]). A capital é Nueva San Salvador (147.282 h [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Perú (24.795 km2; 1.415.512 h [estim 1998]). A capital é Trujillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Betanzos probablemente a partir do 1 de maio de 1886 que cesou arredor de setembro de 1886 (nº41). Subtitulouse “Periódico republicano independiente”. Fundado e dirixido por Roque Ponte Peña, saía dúas veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Amenedo e incluíu unha novela de ambientación galega en forma de folletín.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en Pontevedra a partir do 5 de marzo de 1906 que cesou arredor de 1931. Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano de la Provincia”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xoaquín Poza Cobas, quen tamén ocupou o cargo de director e propietario a partir de 1908, e posteriormente, foi substituído por Xoaquín Poza Juncal. Foi defensora do sistema republicano.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Chile (16.365 km2; 798.911 h [estim 2001]). A capital é Rancagua.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen é partidario dunha doutrina política e social que se basea na liberdade total do individuo e na desaparición de calquera tipo de estado, poder ou goberno, así como da propiedade privada.
-
Que defende ou manifesta esas ideas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación da liberdade na antiga Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen anula ou destrúe a liberdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liberdade excesiva que non respecta as normas e os costumes sociais establecidos.