"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Nobre e militar, duque de Veragua. Foi gobernador de Galicia no ano 1677, capitán xeral das galeras de España (1679), vicerrei de Sicilia (1696-1701), conselleiro de estado (1699) e lugartenente de València en 1679.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, está considerado como un dos introdutores do racionalismo en Ourense, cidade onde foi arquitecto municipal desde 1925. Contribuíu ao desenvolvemento urbano da cidade e durante a década de 1920 e 1930 realizou a igrexa de Fátima no barrio do Couto, a Praza de Abastos (1929) e o traslado da igrexa de San Francisco ata o Parque de San Lázaro e a súa ordenación, entre outras obras. Nas súas creacións de carácter privado empregou elementos eclécticos ornamentais próximos ao clasicismo e ao art decó, aínda que cada vez máis abertos ao racionalismo arquitectónico; exemplo disto foi a Casa de los Conde (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Manuel López Conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eclesiástico. Foi párroco de Santalla do Bierzo e cóengo maxistral da colexiata de Medinaceli. Escribiu Historia del célebre Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Político do Baixo Miño. En 1933 foi elixido concelleiro en representación do Partido Republicano Radical da corporación municipal de Tui. Dous anos despois accedeu á alcaldía. Trala sublevación militar de 1936 participou na comisión xestora do concello, creada polos militares e presidida por José Peñarredonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Fundou e foi director xerente da Cooperativa Hortofrutícola HORSAL. Membro do Partido Popular, foi edil do concello de Cambados entre 1987 e 1999 (ano en que foi elixido alcalde), e senador por Pontevedra desde 1997. Foi elexido alcalde de Cambados en 1999 e reelixido nas eleccións de 2003 e 2007. En 2009 abandonou o cargo tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Foi tamén senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Foi deputado do Parlamento de Galicia desde 2012 e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou Filosofía e Letras en Madrid. Foi letrado sindical por oposición (1965-1967), director xeral técnico do Goberno Civil de Pontevedra (1977-1979), coordinador (1979-1981) e director (1986-1996) de relacións laborais en Citröen Hispania SA, coordinador da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en Galicia (1980-1982) e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (1996-1999). Iniciou a súa vida política como concelleiro de Vigo (1971-1973). Xa como membro do Partido Popular (PP), exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración (1982-1986), baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Foi deputado do Parlamento galego (1985-1989) e voceiro do grupo municipal do PP no concello de Vigo (1999-2001). No 2000 foi nomeado senador autonómico e ocupou a vicepresidencia primeira da comisión de Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Tomou contacto coas vangardas expresionistas durante a súa estancia en Zaragoza (1926-1934), onde traballou con García Conoy e compartiu estudo con Díaz Caneja e González Bernal. En 1934 acadou o posto de profesor de debuxo de ensino medio. Destinado a Larache (Marrocos), pasou alí a Guerra Civil, feito que influíu na evolución da súa pintura cara a solucións máis naturalistas. Colaborou nas revistas Cierzo e Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actor e dramaturgo. Integrante, a partir do ano 1992, do grupo Chévere e, xunto cos outros membros do grupo, programador e xerente da Sala Nasa de teatro situada en Santiago de Compostela. Participou en espectáculos como Río Bravo (1992), Annus Horribilis (1994), A rutina é o deber de todas as criaturas (1999) e Hero.es (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Manuel Pérez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Os seus primeiros poemas apareceron no xornal El Miño (1858); entre eles, “Horas de calma”, “A media noche” (recollido no Álbum de la Caridad, 1862) ou “Melancolía”. Publicou: El cancionero de Galicia (1861), Las víctimas de Carral (1862), La literatura desde el siglo XVII hasta fines del XVIII e Consideraciones sobre el teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Bartolomé Cossío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, militar e corrixidor. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudios de filosofía e leis. En 1808 converteuse en avogado da Real Audiencia de Galicia. Durante a Guerra da Independencia liderou a resistencia da súa comarca fronte aos franceses, cos que se enfrontou en Melide, Arzúa e Sobrado. Foi nomeado comandante de alarma, cargo que desempeñou ata 1814, e procurador síndico das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros. Nas revoltas contra Fernando VII, combateu no bando realista entre 1821 e 1823. Posteriormente, foi nomeado corrixidor da súa vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro. Despois dunha longa estadía en Portugal, coñeceu e recibiu as influencias do arcadismo; imitou as églogas virxilianas e foi o primeiro poeta neoclásico do Brasil. Publicou Obras (1768) e o poema épico Vila Rica (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Destacou na pacificación de Moçambique e dirixiu o levantamento do 25 de maio de 1926, tralo que asumiu a presidencia da República ata o 9 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO