Cordo Boullosa, Manuel
Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso