"Manuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, está considerado como un dos introdutores do racionalismo en Ourense, cidade onde foi arquitecto municipal desde 1925. Contribuíu ao desenvolvemento urbano da cidade e durante a década de 1920 e 1930 realizou a igrexa de Fátima no barrio do Couto, a Praza de Abastos (1929) e o traslado da igrexa de San Francisco ata o Parque de San Lázaro e a súa ordenación, entre outras obras. Nas súas creacións de carácter privado empregou elementos eclécticos ornamentais próximos ao clasicismo e ao art decó, aínda que cada vez máis abertos ao racionalismo arquitectónico; exemplo disto foi a Casa de los Conde (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Manuel López Conde.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eclesiástico. Foi párroco de Santalla do Bierzo e cóengo maxistral da colexiata de Medinaceli. Escribiu Historia del célebre Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1737).
-
GALICIA
Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Político do Baixo Miño. En 1933 foi elixido concelleiro en representación do Partido Republicano Radical da corporación municipal de Tui. Dous anos despois accedeu á alcaldía. Trala sublevación militar de 1936 participou na comisión xestora do concello, creada polos militares e presidida por José Peñarredonda.
-
GALICIA
Político. Fundou e foi director xerente da Cooperativa Hortofrutícola HORSAL. Membro do Partido Popular, foi edil do concello de Cambados entre 1987 e 1999 (ano en que foi elixido alcalde), e senador por Pontevedra desde 1997. Foi elexido alcalde de Cambados en 1999 e reelixido nas eleccións de 2003 e 2007. En 2009 abandonou o cargo tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Foi tamén senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Foi deputado do Parlamento de Galicia desde 2012 e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou Filosofía e Letras en Madrid. Foi letrado sindical por oposición (1965-1967), director xeral técnico do Goberno Civil de Pontevedra (1977-1979), coordinador (1979-1981) e director (1986-1996) de relacións laborais en Citröen Hispania SA, coordinador da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en Galicia (1980-1982) e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (1996-1999). Iniciou a súa vida política como concelleiro de Vigo (1971-1973). Xa como membro do Partido Popular (PP), exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración (1982-1986), baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Foi deputado do Parlamento galego (1985-1989) e voceiro do grupo municipal do PP no concello de Vigo (1999-2001). No 2000 foi nomeado senador autonómico e ocupou a vicepresidencia primeira da comisión de Medio Ambiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Tomou contacto coas vangardas expresionistas durante a súa estancia en Zaragoza (1926-1934), onde traballou con García Conoy e compartiu estudo con Díaz Caneja e González Bernal. En 1934 acadou o posto de profesor de debuxo de ensino medio. Destinado a Larache (Marrocos), pasou alí a Guerra Civil, feito que influíu na evolución da súa pintura cara a solucións máis naturalistas. Colaborou nas revistas Cierzo e Noroeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Actor e dramaturgo. Integrante, a partir do ano 1992, do grupo Chévere e, xunto cos outros membros do grupo, programador e xerente da Sala Nasa de teatro situada en Santiago de Compostela. Participou en espectáculos como Río Bravo (1992), Annus Horribilis (1994), A rutina é o deber de todas as criaturas (1999) e Hero.es (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Manuel Pérez Pérez.
-
GALICIA
Escritor. Os seus primeiros poemas apareceron no xornal El Miño (1858); entre eles, “Horas de calma”, “A media noche” (recollido no Álbum de la Caridad, 1862) ou “Melancolía”. Publicou: El cancionero de Galicia (1861), Las víctimas de Carral (1862), La literatura desde el siglo XVII hasta fines del XVIII e Consideraciones sobre el teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Bartolomé Cossío.
-
PERSOEIRO
Avogado, militar e corrixidor. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudios de filosofía e leis. En 1808 converteuse en avogado da Real Audiencia de Galicia. Durante a Guerra da Independencia liderou a resistencia da súa comarca fronte aos franceses, cos que se enfrontou en Melide, Arzúa e Sobrado. Foi nomeado comandante de alarma, cargo que desempeñou ata 1814, e procurador síndico das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros. Nas revoltas contra Fernando VII, combateu no bando realista entre 1821 e 1823. Posteriormente, foi nomeado corrixidor da súa vila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. Despois dunha longa estadía en Portugal, coñeceu e recibiu as influencias do arcadismo; imitou as églogas virxilianas e foi o primeiro poeta neoclásico do Brasil. Publicou Obras (1768) e o poema épico Vila Rica (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Destacou na pacificación de Moçambique e dirixiu o levantamento do 25 de maio de 1926, tralo que asumiu a presidencia da República ata o 9 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e sindicalista. Traballador do estaleiro de Bazán que iniciou a súa andaina como delegado sindical antes de ocupar o cargo de secretario do comité de empresa. Ademais, exerceu como secretario comarcal da Unión General de Trabajadores (UGT) na comarca de Ferrol. A súa traxectoria política sempre estivo vinculada ao Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSdG-PSOE). Presidiu a comisión de Industria do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II lexislatura, entre 1985 e setembro de 1989, mes no que accedeu á alcadía de Ferrol, logo dunha moción de censura. Despois das eleccións municipais de 1991, nas que resultou elixido alcalde de Ferrol Mario Villamil, unha nova moción de censura permitiu que volvese á alcadía, cargo que exerceu ata 1995. Así mesmo, foi deputado pola Coruña no Congreso de los Diputados durante a V lexislatura (1993-1996). En 1996 abandonou toda a súa actividade política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).
VER O DETALLE DO TERMO