"Marin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 276.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Datada no s XX, realizouse en cantaría e cachotaría con arcos rebaixados e tallamares redondeados. Ten sete vans e situábase na estrada de Portomarín a Sarria e foi asolagada no encoro de Belesar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Xoán de Portomarín.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Data do s XII, e a mediados do s XIII contaba cun hospital de peregrinos. Foi consagrada polo bispo de Lugo Rodrigo II en 1182 e dedicada á Virxe e aos santos Pedro, Cosme e Damián. Trátase dunha construción románica realizada en cantaría de granito. De época medieval só queda a portada, composta de tripla arquivolta de medio punto, abucinada e con media cana na rosca e no intradorso, que se decora con motivos xeométricos. O lintel bilobulado data de 1182 segundo se recolle nunha epígrafe. O tímpano é liso. No interior destaca o sepulcro do marqués de Bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino situado en Portomarín. Recibiu a cuarta parte dos bens de Gundulfo na repartición que realizaron en 925 os pais de san Rosendo, Gutier e santa Aldara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Nicolao de Portomarín Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu ao antigo mosteiro de san Xoán, que pertenceu aos cabaleiros de Santiago e despois aos de San Xoán de Xerusalén. En 1963 trasladouse, xunto coa vila, á súa localización actual seguindo un proxecto do arquitecto F. Pons-Sorolla. Construíuse ao longo do s XII. Trátase dunha igrexa-fortaleza con ameas no seu exterior polas que circulaba un camiño de ronda. Ten unha soa nave de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón, e ábsida semicircular, máis pequena que a nave, decorada cunha moldura de billetes e tres seteiras decoradas. No interior conserva pinturas murais. A fachada principal acubíllase baixo un gran arco de descarga, sobre o que se sitúan dúas pequenas torres con ameas. Baixo o arco a fachada divídese en dúas partes: na superior atópase un gran rosetón calado; e na inferior a portada que amosa as influencias do mestre Mateo. Está formada por unha tripla arquivolta decorada: a...
-
-
Relativo ou pertencente a Portomarín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Portomarín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
portomarinense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 22.9.1772 - 19.1.1822) Escultor, irmán de Melchor de Prado Mariño. Formouse na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e co seu irmán, que lle encargou a realización das imaxes da Dolorosa e das Ánimas para San Mamede de Carnota. Influído por Xosé Ferreiro, na súa obra está presente o historicismo e o eclecticismo que aínda mira ao barroco. Buscou a individualización dos personaxes e a representación das paixóns da alma a través dos rostros, que nas representacións femininas están idealizados. Entre as súas obras destacan varias imaxes e retablos para as igrexas de San Miguel e Santa María do Camiño, varias imaxes para a igrexa de San Bieito do Campo e os retablos da igrexa das Ánimas e a Inmaculada Concepción para a capela maior da catedral compostelá. Fóra de Santiago de Compostela realizou a Virxe das Dores para a igrexa do convento San Domingos da Coruña, o retablo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1760? - A Coruña 1834) Arquitecto, irmán de Manuel Francisco de Prado Mariño. Foi discípulo de Miguel Ferro Caaveiro na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e en 1792 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi arquitecto da catedral de Santiago de Compostela desde 1807 e arquitecto municipal da Coruña desde 1834. Antes de rematar os estudos (1796) realizou un proxecto de remodelación da cabeceira da catedral compostelá (1794), que non se chegou a materializar, e a reedificación de San Bieito do Campo (1795). Influído polo racionalismo académico e o neoclasicismo, realizou a igrexa das Ánimas, a fachada de San Miguel dos Agros (1814), a colexiata de Santa María de Vigo (1815) e os planos para a fachada principal da Universidade de Santiago de Compostela (facultade de Xeografía e Historia) en 1798, e foi arquitecto municipal da Coruña (1818-1834). Colaborou co seu irmán...
-
MONTES
Monte situado ao N das parroquias de Labrada e Montouto (Abadín). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Rosal. Orixinalmente de estilo románico, foi reformada en 1847 e déuselle a forma definitiva en estilo neoclásico. No interior, presenta tres naves, onde o máis destacado é o altar maior, de estilo plateresco (s XVI). O edificio complétase cunha bóveda de cruzaría de estilo neogótico. Destaca a fachada, cunha torre cuadrangular de estilo manuelino con reloxo e remate en cúpula piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das lamiáceas, ao que pertence o romeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘compañeiro’.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Borneo Oriental, situada na costa oriental da illa de Borneo, Indonesia (335.016 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de San Marino, situada na vertente occidental do monte Titano (2.294 h [1997]). Conserva o aspecto medieval, cos tres muros graduados e concéntricos (ss XIII-XVI). Destacan as tres torres, Rocca ou Guaita, Cesta e Montale (ss XI-XIII), e o palacio Valloni (ss XV-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Pequeno estado que forma un enclave independente e soberano dentro do territorio de Italia, entre as provincias de Forli, Pesaro e Urbino (61 km2; 27.000 h [estim 2001]). A súa capital é San Marino.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Trátase dun territorio moi accidentado, onde destaca o bloque calcario do monte Titano (738 m) e os outeiros arxilosos que o rodean. O clima é mediterráneo, cálido no verán, e frío e húmido no inverno. Varios ríos, Fiumicello, Ranco, Flocca e San Marino, atravesan o territorio. O turismo, a fonte principal de riqueza, é un sector que activa outros negocios paralelos como a venda de artesanías e de selos. Son importantes as remesas de cartos que proceden da poboación emigrada, instalada preferentemente en Italia e noutros países veciños. A agricultura produce trigo, uvas e cebada. A industria é fundamentalmente alimentaria. O 88,7% da poboación é urbana. Entre San Marino e Italia existe unha unión aduaneira e convencións no campo... -
-
-
Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de San Marino.
-