"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • Apelido de orixe galega que se estableceu en Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Remi Desplanches, elaborou a súa obra en occitano. Criado no posromanticismo, escribiu pezas de teatro e publicou diversos poemas, como De Rampalm a Guilhanèu (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Activo en Santiago de Compostela, realizou retablos e imaxes para diversas igrexas, dos que destaca un retablo para a capela de don Lope, na catedral de Santiago de Compostela (1600), e unha reixa para a capela de San Xoán Evanxelista na mesma catedral (1604). Foi tamén o autor dun retablo para a igrexa de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1606).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Activo en Santiago de Compostela, en 1618 realizou para Gonzalo Valladares un retablo para a capela do seu pazo de Figueroa (Cambados) e en 1629 realizou outro para a igrexa de San Xoán de Ortoño en Ames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estoniano. Viviu exiliado en Siberia (1941-1946) e en 1989 foi cofundador da Rahvarinne (Fronte Popular de Estonia). Foi elixido polo Riigikogu (Parlamento) presidente da República de Estonia (1992-2001), período en que acadou a recuperación económica do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e ensaísta finlandés. Pertence ao grupo de escritores da década de 1960, e destacou nas súas obras o absurdo e o macabro da guerra. Publicou Manillaköysi (A corda de Manila, 1957), Suku (A familia, 1968) e Morsiamen sisar (A irmá da prometida, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes en que se divide un froito esquizocárpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no feito de que os alimentos inxeridos poden retornar á boca, voluntaria ou involuntariamente, para ser novamente mastigados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz e capital de Extremadura (50.271 h [2001]). Situado á beira do río Guadiana, é un mercado agrícola e gandeiro, e posúe industrias cárnicas, de rollas, azucreiras, alimentarias e metalúrxicas, aínda que tamén destaca como nó ferroviario. Foi fundada polos romanos, coa categoría de colonia, en 25 a C co nome de Emerita Augusta. Foi capital da provincia de Lusitania e converteuse nunha das cidades máis grandes da Península Ibérica, que mantivo a importancia durante a época visigótica pero perdeu categoría de centro urbano destacado coa invasión islámica. Tras a caída do Califato de Córdoba (1031) perdeu a capitalidade da provincia en favor de Badajoz. En 1228 Afonso VIII reconquistouna e entregouna en calidade de señorío ao arcebispo de Santiago de Compostela, que a cedeu á orde de Santiago (1234), baixo os estatutos da que permaneceu ata a incorporación das ordes á Coroa de Castela. En 1300 concedéuselle o privilexio ferial e desde entón mantivo a súa importancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado homónimo, Venezuela, situada ao longo dunha terraza aluvial preto do río Chama, en Sierra Nevada de Mérida (260.481 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Yucatán, México, situada na península de Yucatán, preto da costa do golfo de México (705.055 h [2000]). A súa principal fonte de recursos é o cultivo da pita, aínda que tamén posúe manufacturas de tabaco e industrias de cemento. Destaca a catedral (1586-1598), influída pola de Ciudad de México, que segue o estilo do Renacemento hispánico, e a casa de Montejo, fundador da cidade, cunha fachada plateresca (1549).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (11.300 km2; 744.990 h [estim 2000]. A súa capital é Mérida. Ocupa unha gran parte de Sierra Nevada de Mérida, e polo NO esténdese unha planicie aluvial costeira onde se atopa o lago Maracaibo, no que desauga o río Torondoy. O clima é tropical húmido e posúe cultivos de cereais, café, cacao e froitos tropicais, ademais de xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Victoria Abril, principiou a súa carreira profesional en televisión no programa Un, dos, tres (1976). Destacou polos seus papeis eróticos, como en Cambio de sexo (1976), e desenvolveu gran parte da súa carreira en España, Italia e Francia. Protagonizou, entre outras, La muchada de las bragas de oro (1979), L’Addition (1983), Max mon amour (1985), El Lute: camina o revienta (1987, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine   Donostia-San Sebastián), Átame! (1989), Amantes (1991, Silberner Bär na Berlinale), Kika (1993),   Libertarias (1995), Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (1995, Concha de Plata en Donostia 1995 e Goya á mellor actriz 1996), Entre las piernas (1998), Sin noticias de Dios (2000) e El séptimo día (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intersección do plano meridiano cun horizontal, que sinala a dirección N-S. OBS: Tamén se denomina liña meridiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de depresións, instaladas sobre fosas tectónicas de dirección N-S, que se estende aproximadamente desde o concello de Carballo ata o de Tui ao longo de máis de 200 km. Ten a súa orixe na intensa fracturación que sufriu o relevo galego no Herciniano. Na parte máis setentrional, as redes fluviais seguen a dirección da fractura, mentres que os ríos Tambre e Umia a cortan perpendicularmente atravesando os seus diferentes chanzos. A importancia para o home radica na canalización natural das vías de comunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao mediodía.

      2. Que ten moita luminosidade.

      3. Que resulta moi claro ou evidente.

      1. Cada un dos círculos máximos da Terra que pasan polos polos.

      2. Calquera semicírculo da Terra que vai de polo a polo.

      3. meridiano de Greenwich

        Semicírculo imaxinario que une os polos e pasa polo antigo Real Observatorio de Greenwich (Reino Unido). É a liña base a partir da que se miden as lonxitudes e se establecen os fusos horarios mundiais. Correspóndese coa lonxitude 0°, polo que tamén é coñecido como meridiano cero ou meridiano de orixe.

      4. meridiano inicial

        Meridiano que toma arbitrariamente o home como o primeiro, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.

      5. meridiano magnético

        Cada unha das liñas isógonas comprendidas entre os dous polos magnéticos da Terra.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sur.

    2. Natural ou habitante dunha rexión do sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ma Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ oz de Israel (14.107 km2; 840.000 h [estim 1998]. A súa capital é Beer Sheva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Serra Leoa que comprende cinco distritos (19.694 km2; 741.377 h [1985]). A súa capital é Bo (26.000 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO