Mérida
Mérida
Capital do estado de Yucatán, México, situada na península de Yucatán, preto da costa do golfo de México (705.055 h [2000]). A súa principal fonte de recursos é o cultivo da pita, aínda que tamén posúe manufacturas de tabaco e industrias de cemento. Destaca a catedral (1586-1598), influída pola de Ciudad de México, que segue o estilo do Renacemento hispánico, e a casa de Montejo, fundador da cidade, cunha fachada plateresca (1549).