"Mur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • RIOS

    Río do L de Australia, o máis longo do país con 2.575 km de lonxitude. Nace nos Alpes Australianos, desde onde colle primeiro a dirección N-S, e despois continúa cara ao NO. Recibe pola esquerda os afluentes que proceden das montañas do N de Melbourne e pola dereita o Lachlan (1.226 km) e o Murrumbidgee (1.680 km). Desemboca no Océano Índico pola baía de Encounter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta escocés. Coñecido como Hugh Mac Diarmid, foi un dos líderes do renacemento da lírica escocesa moderna e a súa poesía, de estilo vangardista, asociou o nacionalismo escocés e o internacionalismo. A Drunk Man Looks at the Thistle (1926) está considerado como o seu poema máis importante. É tamén autor de Annals of the Five Senses (1923), Sangschaw (1925), First Hymn to Lenin (1931), The Islands of Scotland (1939), In memoriam James Joyce (1955) e The Kind of Poetry I Want (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia escocesa cuns membros que levaron o título de ri (rei), despois de mormaor, e que adoptaron o título condal en 1115. Destacou James Stuart Murray (? 1531-Linlithgow 1570), fillo natural de Xaime V de Escocia, rexente de Escocia (1567-1570) e conde de Murray (1564), que morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e lexicógrafo británico. De 1855 a 1885 dedicouse ao ensino. Membro e presidente da Philological Society de Londres, iniciou, en 1876, xunto con H. Bradley, W. A. Craigie e C. T. Onions, a tarefa de redactar o Oxford English Ditionary (orixinalmente New English Ditionary on Historical Principles), que dirixiu ata a súa morte. Os traballos de recompilación de materiais para esta obra comezaron en 1858, coa colaboración   R. Ch. Trench, H. Coleridge e F. Furnivall, e o primeiro fascículo publicouse en 1884. Tamén escribiu The Dialect of the Southern Counties of Scotland (1873) e preparou edicións para a Early English Text Society das obras de David Lyndesay e Thomas de Ercildoune.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e oceanógrafo canadense. Foi un dos organizadores e participantes da grande expedición do Challenger. Publicou Report on the Scientific Results of the Voyage of H. M. S. Challenger, 50 volumes, fundamento da oceanografía moderna, e The Depths of the Oceans (1912), en colaboración con J. Hjort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián estadounidense. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou a interesarse polo campo dos transplantes e practicou implantes de pel aos soldados feridos. A principios da década de 1950 comezou a experimentar con transplantes de ril en cans, e en 1954 realizou o primeiro transplante renal entre dous irmáns xemelgos; posteriormente foi pioneiro na práctica desta técnica en receptores sen parentesco cos doadores e, máis adiante, no emprego de riles de cadáver. Tamén conseguiu progresos na utilización de fármacos e radiacións ionizantes para controlar o rexeitamento do órgano transplantado. En 1964 organizou e puxo en marcha o primeiro rexistro internacional para transplantes de riles. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1990), xunto con E. D. Thomas, polos seus descubrimentos no ámbito do transplante de órganos e células nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘moza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 3 morriña.

    2. Cousa de pouca entidade e importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Australia (1.680 km) que nace na Great Dividing Range e desemboca no Murray.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado ao L de La Rioja e regado polo Queiles, afluente do Ebro (3.199 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura. Destacan a viticultura e as industrias derivadas dela, como a elaboración de viños e as bodegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘fronte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Caraño (Pol). O seu cumio acada os 777 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”,O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Colaborou en diversos xornais, como La Ilustración Gallega e El Heraldo Gallego (1874-1880). Destacou tamén polo seu labor de crítico literario, sobre todo por una tensa polémica que mantivo con Clarín. Das súas obras destacan Cuentos soporíferos (1874), Semblanzas galicianas (1876) e Semblanzas (2ª edición, 1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos múrut.

    2. Individuo da tribo dos múrut.

    3. Tribo que habita na zona sur do N da illa de Borneo e que está conformada por uns 60.000 individuos. Cultivan arroz, patacas doces, mandioca e millo, e viven tamén dos froitos da selva, da pesca e da caza de porcos e outros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, de pequeno tamaño, de talos cilíndricos, que presenta as follas inferiores ovadas e con pecíolo e as superiores sésiles, as flores pentámeras de cor branca de sépalos bífidos, e o froito en cápsula. Trátase dunha planta propia de marxes de camiños. Florece durante case todo o ano en toda Galicia. Emprégase como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos murxitas.

    2. Membro dunha seita islámica oposta á kharixita, que defende que a fe, e non a conduta, abonda para a salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Bélxica, situada na confluencia do Sambre e do Mosa (105.248 h [2001]). Ten industria siderúrxica, fabricación de cerámicas, xabóns e coiros, e é un importante nó de comunicacións. Sede dun condado e cidade importante na Idade Media, na guerra que a monarquía hispánica e Francia mantiveron desde 1688, caeu en poder dos franceses. Reconquistada (1695) por Guillerme III de Inglaterra, stadhouder de Países Baixos, os franceses volvérona ocupar en 1746 e en 1792. Capital do departamento francés de Sambre-et-Meuse (1794-1814), incorporouse ao Reino de Países Baixos en 1815 e a Bélxica en 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO