"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
-
Que presenta unha cor tirando a amarela ou vermella escura.
-
Cor terrosa, tirando a amarela ou vermella escura.
-
Nome xenérico dun certo número de materiais terrosos, pulverulentos, que se empregan como pigmentos. Están constituídos esencialmente por óxidos férricos hidratados, mesturados con proporcións variables de arxila e de area. Os ocres son amarelos, castaños ou vermellos. Xeralmente, os amarelos e os castaños son variedades de limonita (ocre amarelo), e os vermellos, de hematites (ocre vermello). Tamén hai outros ocres de cor máis ou menos amarela, como o de antimonio ou o de bismuto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aíña tubular que se sitúa na base do pecíolo e está formada por dúas estípulas membranosas concrescentes, que aparece nas plantas da familia das poligonáceas e noutras plantas de flores alternas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está provisto de ócrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘amarelo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cor amarela ou amarela pálida que presenta a pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é de cor amarela pálida ou amarela esbrancuxada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos cogomelos de esporada dunha cor entre ocre e parda amarelada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oligarquía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deficiente coloración do sangue por falta de hemoglobina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento que se atopa no ollo dalgúns insectos e crustáceos, que ten como precursor biosintético o triptófano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pelicano.
-
-
Punto craniométrico saxital que se sitúa no punto máis sobresaínte do occipital cara a atrás.
-
Punto somático saxital que se sitúa no punto máis sobresaínte do occipital. É o punto máis afastado da glabela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao material fotográfico, como emulsións, placas ou películas, sensible a todas as cores do espectro que están comprendidas entre o amarelo e o violeta, e insensible, polo tanto, ao vermello.
-
-
Relativo ou pertencente aos primeiros tempos do cristianismo, especialmente no campo da arte.
-
Arte propia dos primeiros séculos do cristianismo que participou da arte profana romana, pero que se diferenciou dela pola funcionalidade relixiosa e a iconografía. O período rematou coas invasións xermánicas e na banda oriental do Imperio Romano, esta arte enlazou coa bizantina. A pintura e a escultura apareceron nas catacumbas de San Calisto e de Domitila en Roma, nos ss III-IV. Son frecuentes as representacións do Bo Pastor, a imaxe do orante, temas de orixe mitolóxica, do Antigo Testamento, milagres de Xesús Cristo Salvador ou da Derradeira Cea. Os sarcófagos máis antigos datan do s III (Santa Maria Antica, en Roma). A arquitectura cristiá xurdiu coa pacificación constantiniana (313) e apareceu un tipo de templo de planta central coñecido como martyrium. Destacan as construcións sobre o Santo Sepulcro e a da Ascensión en Xerusalén, a da Natividade en Belén, e os antigos baptisterios como o de Letrán en Roma ou o dos ortodoxos en Ravenna. As outras formas do templo...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade ideal en que todos os membros son iguais en categoría e posición social.
-
-
Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.
-
Epíteto aplicado a Deus Pai, símbolo da fe, e ás representacións artísticas de Xesús Cristo como señor dos cristiáns que aparecen nas ábsidas e cúpulas das igrexas. Característico da arte bizantina e románica, represéntase sentado e en actitude de bendicir coa man dereita e cos Evanxeos na man esquerda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político chileno creado en 1957 con militantes que formaran parte do Partido Social Cristiano e de Falange Nacional, que dirixían Eduardo Frei Montalva, Manuel Antonio Garretón Walker e Bernardo Leighton Guzmán. Cunha certa rapidez acadou a maioría das cámaras lexislativas en 1965. Iniciou profundas reformas agrarias e educativas. Coa ditadura de Pinochet (1973) os seus dirixentes foron perseguidos e os seus bens confiscados, malia que un sector simpatizara inicialmente co golpe de estado. Ao se restablecer a democracia, foi o partido máis votado nas eleccións de 1988, 1993, 1997 e 2002 á fronte da coalición Concertación de los Partidos de la Democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española xurdida en 1982 da escisión da parte máis conservadora da Unión de Centro Democrático. Baixo a presidencia de Óscar Alzaga Villamil, pactou unha coalición con Alianza Popular. Ao mesmo tempo, conseguiu ser o principal partido de ideoloxía democratacristiá no ámbito español, a pesar de que a súa pretensión de se converter na forza hexemónica de centrodereita finalmente produciu a ruptura definitiva entre ambas as forzas en 1986, pouco despois das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político republicano formado por E. Castelar en 1876 como Partido Demócrata e que adoptou a denominación de Demócrata Posibilista en 1879 para se diferenciar dos progresistas demócratas de Cristino Martos. Centrou o seu programa unicamente na consecución do sufraxio universal e na participación electoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político formado como Partido Democrático--Progresista en abril de 1849 en Madrid a partir do proxecto do programa que a á esquerdista do Partido Progresista presentara en decembro de 1848. Nel demandábase o pleno recoñecemento dos dereitos e liberdades individuais, o sufraxio universal, a completa desamortización civil e a abolición das quintas. O seu primeiro comité organizador foi impulsado por Sixto Cámara e desde o comezo relacionouse estreitamente cunha sociedade secreta, Los Hijos del Pueblo. Malia que o partido foi marxinado entre 1854 e 1856 polos progresistas, a súa decidida intervención na Revolución de 1854 favoreceu o seu crecemento. En 1856 foi ilegalizado e os seus anos de clandestinidade favoreceron de novo o dominio do sector máis radical e o establecemento dunhas estreitas relacións coas sociedades secretas. En 1857-1858 creouse a sociedade carbonaria El Falansterio, que chegou a impoñerse na dirección do Partido Democrático e a preparar diferentes intentos revolucionarios...