"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Pepe Castaño, presentou varios programas en TVE. Colaborador habitual da revista Hola e locutor de radio da Cadena Ser no programa Carrusel Deportivo, publicou o libro Andadura. Entre os premios recibidos figuran o Premio Ondas, en 1975, o Premio Guacaipuro polo programa 300 millones de TVE, e o nomeamento como Fillo Adoptivo da vila de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación da Nosa Señora da Encarnación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de transportes fundada por Evaristo Castromil no ano 1917, que tiña como obxectivo último unir as cidades da Coruña e Vigo. A súa primeira liña, inaugurada no ano da súa fundación, foi Santiago de Compostela-Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1924, trala constitución da Unión Nacional de Transportes, concedéronlle as liñas A Coruña-Santiago de Compostela, Santiago de Compostela-Vigo e Santiago de Compostela-Ourense. No ano 1929, cando xa contaba cunha flota de 43 vehículos, constituíuse como sociedade anónima e instalou as súas oficinas no edificio Castromil, en Santiago de Compostela, de estilo modernista. En 1933, o fillo do fundador, Ramón Castromil Casal, ocupou a presidencia da compañía, mentres o seu pai se reservaba o posto de conselleiro delegado. En 1969, trala morte de Evaristo Castromil, foi o seu neto, Ramón Castromil Ventureira, quen se fixo cargo da empresa ata 1994, data na que pasou a mans do irmán máis novo, Xavier Castromil Ventureira. A partir de 1970 a empresa...
-
GALICIA
Médico e cirurxián. Centrou a súa actividade médica no ámbito clínico, principalmente na cirurxía vascular. Formouse en cirurxía xeral co doutor Xerardo Fernández Albor no Policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela, e foi médico adxunto do servizo de cirurxía vascular do doutor Sobregrau no hospital Vall d´Hebron de Barcelona (1970-1975). Posteriormente foi xefe do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do centro médico POVISA de Vigo (1976-1998); dende ese posto modernizou a cirurxía vascular en Galicia. Entre as súas publicacións destaca “Isquemia aguda producida por drogas y fármacos” (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia dos cecidómidos.
-
Insecto da familia dos cecidómidos.
-
Familia de dípteros nematóceros que comprende individuos de pequenas dimensións (de 1 a 5 mm) coa cabeza reducida, globular e lixeiramente aplanada. O aparato bucal é zugador. A familia comprende unhas 6.000 especies, moitas delas produtoras de cecidios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación cirúrxica dun ano artificial no intestino cego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión do anel constrictor dunha hernia estrangulada.
-
PERSOEIRO
Cerralleiro. Realizou baixo o padroado do arcebispo Fonseca as reixas da capela do Sacramento ou do Rei de Francia na catedral de Santiago de Compostela, nas que introduciu o estilo renacentista. En Toledo realizou as reixas da capela dos reis novos, do coro, da capela maior e dos púlpitos da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de asteráceas de follas alternas e tripinnatisectas e receptáculos florais cónicos e ocos ao que pertencen certas macelas.
-
PERSOEIRO
Militar galego. Emigrou a Arxentina, onde ingresou no exército en 1741. Participou no ataque ás trincheiras de Villafranca, na toma do castelo de Montalbán, na Batalla de Nuestra Señora del Olmo, no sitio de Cuni e na defensa de Río Grande de San Pedro (1767). En 1768 trasladouse coa gornición militar española de Bos Aires ás Malvinas, onde foi gobernador interino dende 1773 ata 1774.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
estorniño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de choromicar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chorar debilmente, sen gana e sen motivos suficientes.
-
-
Que ou quen chora con frecuencia e de forma débil. Ex: Ese neno xa era choromicas de pequeno.
-
Que ou quen sempre se está a queixar por calquera cousa.
-
Denominación que reciben algunhas aves, especialmente a avefría e algunhas gaivotas, pola similitude da súa voz co choro humano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
choromicas.
-
PERSOEIRO
Sindicalista boliviana. Membro dun grupo de indios dos Andes bolivianos, denunciou a situación da clase obreira do seu país. Participou en 1975 na Tribuna do Ano Internacional da Muller organizada pola ONU. Os seus discursos recolléronse nos volumes Si me permiten hablar... Domitila, una mujer en las minas de Bolivia (1977) e Aquí también Domitila! (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cigomicetos.
-
Fungo da clase dos cigomicetos.
-
Clase de fungos terrestres nos que ten lugar a reprodución sexual por fusión de dous gametanxios que dan lugar a un cigoto, de parede grosa que, cando xermina, orixina o esporanxio. Existen unhas 900 especies pertencentes a tres ordes: as mucorais, as glomais e as entomoftorais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión na vexiga urinaria para extraer un cálculo ou un corpo estraño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación cirúrxica do clítoris.