"Omo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 696.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cromatrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa da atmosfera dunha estrela, entre a capa inversora e a coroa. En concreto, a cromosfera solar pódese observar durante as eclipses solares. Ten unha cor vermella máis ou menos viva e un grosor duns 5.000 km. No seu interior orixínanse xeralmente as protuberancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cromo(II), é dicir, cromo en estado de oxidación +2.
-
-
Cada un dos orgánulos celulares que conteñen os materiais portadores da herdanza biolóxica. En sentido estricto, só se emprega este nome no caso dos organismos, tanto unicelulares coma pluricelulares, formados por células que teñen núcleo diferenciado (células eucariotas). Nas bacterias, o material hereditario está constituído por un filamento pechado, circular, de ADN. Este filamento, chamado por algúns autores xenóforo por ter a mesma función ca os cromosomas eucarióticos -ó igual ca o filamento de ADN ou ARN que constitúe o material xenético dos virus-, desígnase moi a miúdo co nome de cromosoma. Os cromosomas nos organismos superiores son visibles durante os procesos de división celular (mitose e meiose) en forma de corpos máis ou menos cilíndricos e de aspecto compacto. Pola súa facilidade para tinxirse, a substancia que forma os cromosomas recibe o nome de cromatina; nesta, o ADN portador da información xenética asóciase con histonas, outros tipos de proteínas,...
-
Anomalía adquirida polo cromosoma 22, caracterizada por un acurtamento dos seus brazos longos e producida habitualmente por unha translocación co cromosoma 9. É propia de enfermos afectados de leucemia mieloide crónica.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cromosoma.
-
Representación gráfica na que se indica a posición relativa dos xenes dentro do cromosoma. Constrúese a partir das frecuencias de entrecruzamento e da observación das aberracións cromosómicas. Os mapas poden ser de distintos tipos, pero a ordenación dos xenes é sempre a mesma en todos os mapas da mesma especie. Tamén se denomina mapa xénico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de impresión tipográfica a cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cromotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de combinación do haluro de prata e mais dos copulantes para formar tinturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un cromóxeno.
-
-
Substancia que pode transformarse nun colorante por introdución na súa molécula dun grupo cromofórico e, posteriormente, dun auxocrómico.
-
Composto que contén un ou varios grupos cromofóricos e que se pode converter nun colorante pola adición de radicais, como o hidroxilo (-OH) ou o amidóxeno (-NH 2 ).
-
Aplícase á bacteria que produce pigmentos que lles dan cor ás súas colonias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xilografía de cor que precisa de pranchas diferentes para obter as distintas cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas da clase das criptofíceas, con dous flaxelos subapicais que están inseridos nunha depresión, coñecida como vestíbulo, e un cloroplasto bilobulado cun pirenoide entre os dous lóbulos. Abunda no plancto de augas doces eutróficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de cobre e cromo, este último nunha porcentaxe dun 1% a un 10%. Cando a proporción de cobre é inferior a un 1%, a aliaxe ten a mesma condutividade eléctrica que o cobre e unha resistencia mecánica moito máis alta. Emprégase como electrodo en soldadura eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma semellante a unha árbore.
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Ensinou teoloxía e retórica na Universidade de Turín en 1770, ata que foi destituído polas súas ideas nacionalistas. Escribiu, entre outras obras, Le rivolluzioni d’Italia (As revolucións de Italia, 1769-1772). En 1804 trasladouse a París, onde foi nomeado bibliotecario imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desacomodar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que algo ou alguén deixe de estar acomodado.
-
-
Relativo ou pertencente aos deuteróstomos.
-
Celomado do grupo dos deuteróstomos.
-
Grupo de animais celomados nos que, durante o desenvolvemento embrionario, o blastóporo orixina o ano ou ben marca o lugar onde este aparecerá, mentres que a boca é completamente de neoformación. Este grupo comprende os equinodermos, os quetognados, os hemicordados e os vertebrados.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista e lexicógrafo italiano. Foi profesor na Universidade de Cagliari (1927), Padua e Florencia, onde foi reitor (1967-1968). Inicialmente centrou o seu traballo no latín e nas linguas prerromanas en Italia, e máis tarde interesouse pola estilística e a lexicografía italiana. Foi presidente da revitalizada Accademia della Crusca e cofundou e codirixiu, xunto con B. Migliorini, a revista Lingua nostra, centrada nas linguas románicas; tamén foi codirector da revista Archivio glottologico italiano. Publicou, entre outras obras, Adattamento e distinzione nella fonetica latina (1923), Gli antichi Italici (1931), Storia della lingua di Roma (1940), Studi di stilistica (1950), I fondamenti della storia linguistica (1951), Profilo della storia linguistica italiana (1953), Origini indoeuropee (1962), Civiltà di parole (1965) e Il linguaggio d’Italia. Storia e strutture linguistiche dalla preistoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Publicou as recompilacións Ariette e sunette (1898) e Canzone e ariette nove (1916). Musicáronse moitas das súas cancións.
VER O DETALLE DO TERMO