Cryptomonas
Cryptomonas
[PROTISTA]
Xénero de algas da clase das criptofíceas, con dous flaxelos subapicais que están inseridos nunha depresión, coñecida como vestíbulo, e un cloroplasto bilobulado cun pirenoide entre os dous lóbulos. Abunda no plancto de augas doces eutróficas.