Cryptocleidus
Cryptocleidus
[PALEONT]
Xénero de réptiles mariños da superfamilia dos plesiosauroideos. De ata 4 m de lonxitude, presenta extremidades transformadas en aletas longas e flexibles, pescozo longo e cabeza con numerosos dentes afiados que lle serviron para alimentarse de pequenos peixes nos mares de finais do Xurásico. Os principais xacementos están en Inglaterra.