Cruzul, ponte
Cruzul, ponte
Construción situada sobre o río Narón ou Cruzul, preto de Cruzul (Becerreá). Consta de tres vans de cantería de pedra calcaria con arcos de medio punto. Construída entre 1776 e 1778, formou parte do antigo Camiño Real.