"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Obra historiográfica en latín do s XII. Oficialmente foi coñecida como Registrum, nome alusivo á técnica de elaboración, que consistía en combinar a transcrición documental (cartularios e coleccións documentais) con narracións historiográficas que encadrasen os documentos. A súa composición foi proxectada por Diego Xelmírez como manobra de propaganda do seu bispado e da propia sé compostelá, para elevala a arcebispado. Con respecto a outros exemplos da historiografía latina hispana ten a peculiaridade de narrar sucesos contemporáneos e de inserir documentos da época. Os feitos narrados abarcan principalmente desde 1100 a 1139, anos en que Xelmírez foi primero bispo (1100-1120) e arcebispo de Compostela (1120-1140); é o que se coñece historicamente como “época de Xelmírez”, debido á relevancia que xogou o arcebispo na Galicia deses anos. No reinado de Urraca (1109-1126) deuse unha íntima conexión entre a súa conduta pública e o progreso das súas ambicións eclesiásticas; así mesmo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crónica [Historia] Troiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de historiar.

    2. Que está decorado con escenas de personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada no estudo da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á historia.

    2. Narración detallada dos antecedentes máis relevantes dunha persoa, dunha institución ou dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narrar de forma ordenada a historia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha soa clase de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de rizoma groso e de talo dereito, oco e estriado, de 80 a 120 cm, con follas biternades de lobos ovais, acuminados e serrados, e con umbelas compostas de flores brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que se emprega co significado de ‘en memoria de’, ‘en recordo de’, ‘en homenaxe de’, especialmente dos defuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Petición formulada por un órgano xurisdicional que se cre competente para coñecer dun determinado caso dirixida a outro que naquel momento o coñece, para que desista en favor seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é tan antigo que non queda lembranza da súa orixe.

    2. Aplícase a un tempo pasado e impreciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Inquisición ou aos inquisidores.

    2. Aplícase ao tratamento ou procedemento excesivamente severo ou cruel, ou que recorda os métodos da Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que participan dous ou máis sectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igualdade do diámetro das dúas pupilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existencia dun só tipo de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración declarada de interese histórico-artístico, que se leva a cabo en Ribadavia o último sábado do mes de agosto. Existen documentos de finais do      s XVIII que xa citan esta festividade, que se deixou de celebrar en 1868 e que grazas a un estudoso da historia de Ribadavia e ao traballo da Escola Taller “San Andrés” foi recuperada en 1989. Esta tradicional actividade é froito dunha recuperación histórica. O documento máis determinante encontrouse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nun atado que data de 1693 e que pertence ao libro de contas dos procuradores xerais da vila. A actual versión é unha translación no tempo da que se celebraba nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro. A organización é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal que se renova cada ano, e que se denomina Asociación Coordinadora da Festa da Istoria. O seu obxectivo é manter o rigor histórico e respectar as actividades coma no medievo, contribuíndo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Costa de Marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Macedonia, Grecia (1.720 km2; 52.685 h [1991]). A súa capital é Kastoría (20.713 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e avogada. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1924), foi a primeira muller en España en exercer como avogada nos tribunais. Durante a Segunda República foi deputada a Cortes (1931, 1936) e directora xeral de Prisións, cargo desde o que intentou mellorar as condicións xurídicas e de calidade de vida da poboación reclusa. En 1937 enviárona a París como secretaria da embaixada española e, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, exiliouse en México ata 1949, data na que se trasladou a Nova York. Nesta cidade iniciou o seu traballo na ONU, na sección de Defensa Social (1950-1952), e fundou a revista Ibérica. Publicou Cuatro años en París (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quilocaloría.

    VER O DETALLE DO TERMO