"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira literaria e teatral na súa cidade natal. Creador de sainetes, comedias e dramas de carácter costumista como Entre el hierro (1910), tamén explorou as posibilidades do drama grotesco, como medio para retratar a frustración e o patetismo dunha sociedade que sufría unha fonda transformación. Entre esas pezas, cunha dimensión crítica, hai que salientar Mateo (1923), Stefano (1928), Cremona (1933), ou El relojero (1934). A partir de 1934 abandonou a escrita dramática e iniciou unha carreira como tradutor e director de escena.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil (183.708 h [2000]). A industria é a base da súa economía, da que destaca a siderurxia e a produción de tecidos, produtos lácteos, calzado e mobles. Na agricultura cómpre salientar o cultivo de millo e cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
PERSOEIRO
Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situación dun mercado en que ofertan só dous vendedores, diante dunha multitude de compradores. É o caso máis simplificado do oligopolio, estudado e introducido por Antoine A. Cournot. Pode darse tamén na demanda, cando dous únicos compradores se enfrontan a unha oferta competitiva.
-
GALICIA
Teólogo e escritor. Formouse no seminario de San Pablo de Cuenca e ordenouse sacerdote en 1943. Doutorouse en Teoloxía en Roma coa tese Miguel de Palacios, un gran teólogo desconocido, e en Filosofía e Letras na Universidad Complutense de Madrid coa tese El sustrato teológico en los escritos de Graham Greene. Foi profesor de teoloxía en Cuenca e Londres, e dende 1973 profesor de literatura inglesa na Universidad Complutense. Entre as súas obras destacan La crisis del sacerdote en Graham Greene (1974), Estudios sobre “El poder y la gloria” de Graham Greene (1981) e Graham Greene: amigo y hermano (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Polonia (1384-1399), filla de Luís de Hungría. Foi entronizada pola nobreza polaca e polos representantes das cidades, quen decidiron casala con Jagellon, soberano do Gran Ducado de Lituania, mediante o Tratado de Krewa (1385). Ao ano seguinte e despois do seu bautismo, Jagellon adoptou o nome de Ladislau e a nobreza polaca elixiuno rei de Polonia. Deste xeito uníronse Polonia e Lituania fronte á ameaza da Orde Teutónica. Foi canonizada no 1997 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Sass’s Academy (1834) e na Royal Academy Schools (1586). Cultivou o retrato, a pintura histórica, os temas literarios inspirados, entre outros, en Shakespeare, Scott e Cervantes, e a pintura de xénero. Entre as súas obras destacan Past and present (Pasado e presente, 1858) e Travelling companions (Compañeiros de viaxe, 1862). Dende 1849 foi asociado da Royal Academy e a partir de 1861 académico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Estudiou no seminario de Sevilla e aos quince anos trasladouse a Roma, onde se ordenou sacerdote e se doutorou en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. Foi nomeado bispo de Tui en maio de 1914, e en marzo de 1917 bispo de Vitoria. Entre 1923 e 1963 dirixiu a diocese de Madrid-Alcalá. Centrou o seu labor nas zonas suburbiais, nas misións, no seminario e no clero, para o que creou a Obra Diocesana de los Suburbios, o Secretariado de Misiones, o seminario de Alcalá de Henares e numerosas institucións e centros de formación para os seminaristas e o clero. Publicou numerosos discursos, conferencias e cartas pastorais, como La Encíclica Rerum Novaron y los obreros (1911), El primer origen de la vida según el Hexámeron y según la ciencia (1913) e Esbozo apologético de la poesía eucarística clásica española (1939). Recibiu, entre outras condecoracións, as grandes cruces de Isabel la Católica, Alfonso X el Sabio e Cisneros; a da Orde do...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer as polainas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ou facerse ampolas ou vexigas nalgunha parte do corpo.
-
-
Meter as galiñas no poleiro.
-
Subir ou pór nun lugar alto a unha persoa ou animal.
-
Outorgar ou conferir a alguén un cargo elevado ou unha dignidade.
-
Subir as galiñas ao poleiro.
-
Subirse a un sitio elevado.
-
Alcanzar unha posición elevada ou gabarse por ocupala.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Florencia, na Toscana, Italia, situada na marxe esquerda do río Arno (43.887 h [2000]). Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata de Sant’Andrea, fundada en 1093, reformada no s XVIII e reconstruída tralos danos ocasionados pola Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa arte evolucionou dende o manierismo ata o equilibrio das súas últimas obras. Da súa produción destaca Virxe con santos (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrirse unha ferida de carapola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
encarapolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biopolímero que se acumula no interior do citoplasma da célula que o produce. Entre os máis coñecidos están o glicóxeno, o amidón e os polifosfatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á célula ou ao organismo que presenta endopoliploidía.