Egg, Augustus Leopold
Egg, Augustus Leopold
Pintor. Formouse na Sass’s Academy (1834) e na Royal Academy Schools (1586). Cultivou o retrato, a pintura histórica, os temas literarios inspirados, entre outros, en Shakespeare, Scott e Cervantes, e a pintura de xénero. Entre as súas obras destacan Past and present (Pasado e presente, 1858) e Travelling companions (Compañeiros de viaxe, 1862). Dende 1849 foi asociado da Royal Academy e a partir de 1861 académico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Arxel