Empoli
Empoli
Cidade da provincia de Florencia, na Toscana, Italia, situada na marxe esquerda do río Arno (43.887 h [2000]). Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata de Sant’Andrea, fundada en 1093, reformada no s XVIII e reconstruída tralos danos ocasionados pola Segunda Guerra Mundial.