"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Comida mal elaborada que se adoita realizar con restos doutras comidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa pequena e de pouco peso, pero moi atrevido ou botado para diante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Loitou na guerra de Secesión cos estados da Unión e tivo un papel destacado na conquista de New Orleans (1862) e da rexión do Mississippi. A súa fama debeuse sobre todo á conquista da baía de Mobile (1864), que constituía un importante arsenal sudista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Aragón, fillo de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. En 1248, o seu pai cedeulle o Roselló, Cerdaña e Montpellier, ademais dos dereitos sobre a Galia meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Aragón e marqués de Tortosa, fillo de Afonso IV de Aragón e Leonor de Castela. As intrigas maternas obrigárono a fuxir a Castela (1336). En 1347, a petición dos nobres unionistas dos reinos de Aragón e de València, recrutou un exército no Reino de Castela e dirixiu a Unió contra Pedro IV de Aragón. Feito prisioneiro na Batalla de Épila (1348), retornou a Castela trala derrota definitiva da Unió e foi nomeado gran conselleiro de Castela. Declarada a Guerra dos Dous Pedros, cedeu a rexión de Alacant-Oriola a Pedro I o Cruel (1356), pero trala conquista desta por Pedro IV pasouse ao bando aragonés. En 1363, acusado de conspirar contra Enrique de Trastámara, aliado do monarca aragonés, e de roubar o tesouro real, foi asasinado e o seu sobriño, Pedro II de Urgell, herdou todos os seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1412-1416), duque de Peñafiel e conde de Mayorga, fillo de Xoán I de Castela e de Leonor de Aragón. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara. En 1406, trala morte do seu irmán Enrique III, asumiu a rexencia de Castela durante a minoría de idade do seu sobriño Xoán II, xunto con Catarina de Lancaster. Retomou as guerras iniciadas por Enrique III de Trastámara contra o Reino de Granada e tomou as cidades de Zahara (1.10.1406) e Antequera (24.9. 1410), polo que comezou a ser coñecido como Fernando de Antequera. Á morte do seu tío, Martiño I de Aragón (1410), presentou a súa candidatura para a sucesión e enfrontouse a Jaume II d’Urgell. Apoiado polos Urrea de Aragón, os Centelles de València e polo Papa Benedicto XIII, foi recoñecido como monarca tralo compromiso de Caspe (1412). Unha vez sufocada a revolta de Jaume II d’Urgell (1412-1413) e tralas concesións ao patriciado urbano catalán nas cortes de Barcelona (1413-1414), centrou os seus esforzos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1479-1516), de Castela (Fernando V; 1474-1504), de Sicilia (Fernando II; 1468-1516) e de Nápoles (Fernando III; 1504-1516), fillo de Xoán II de Aragón e de Xoana Enríquez. Formado na corrente humanista, recibiu en 1458 os títulos de duque de Montblanch e conde de Ribagorza; trala morte do seu irmán Carlos de Viana (1461), os de príncipe de Girona e herdeiro á Coroa de Aragón; o de lugartenente de Catalunya en 1462; e en 1464 o de Sicilia. En outubro de 1466 tomou posesión do cargo de gobernador xeral de Aragón e Catalunya e desde 1468 foi correxente, xunto co seu pai, de Sicilia. Casado desde 1469 con Isabel de Castela, irmá de Enrique IV, apoiou a súa esposa na guerra civil contra Xoana a Beltranexa que se produciu trala proclamación en 1474 de Isabel como raíña de Castela. Recoñecido coas mesmas atribucións que a súa muller como rei de Castela na Concordia de Segovia (1475), converteuse en rei de Aragón trala morte do seu pai (1479), o que significou a unión dinástica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amañar algo empregando ferragachos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que recolle e comercia con obxectos vellos de ferro ou doutro metal.

    2. Persoa que arranxa cousas de xeito provisional, con pouco coidado ou con pouca maña, empregando ferranchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferro vello con pouca utilidade que se pode empregar para facer pequenos amaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Adscrito ao Partido Demócrata, foi elixido por primeira vez deputado en 1851. Despois de ser elixido novamente deputado entre 1862 e 1865, en 1867 foi desterrado a Navarra pola súa actitude hostil contra os moderados; de novo en Madrid, fundou o periódico republicano federal La Igualdad (novembro de 1868). Nas eleccións de 1869 foi elixido deputado e encabezou a minoría republicana nas Cortes. Cando se proclamou a Primeira República foi designado presidente do poder executivo (12 de febreiro de 1873). Tras enfrontarse coa indisciplina militar, os intentos separatistas e os carlistas, dimitiu o 11 de xuño e marchou a Francia, de onde regresou aos poucos meses. En 1880 fundou o Partido Federal Orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo de difícil acceso, cheo de penedos e desniveis moi pronunciados.

    2. Extensión de monte, xeralmente illado e de difícil acceso, poboado de árbores de folla caduca, herbas, mofos e liques e onde convive gran diversidade de fauna. É propia de climas tépedos cunha estación fría non moi marcada. Característica da vexetación autóctona de Galicia, ocupou no pasado grandes extensións de terreo. O estrato arbóreo está representado polo carballo e o cerquiño e outras especies como o bidueiro, a abeleira e o freixo. Os estratos arbustivos, herbáceo, muscinal e epifito presentan unha gran variedade de especies.

    3. Extensión grande de terreo no que medran espontaneamente árbores e arbustos.

    4. Mato que para a forza do vento e serve de abrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca (11.783 h [1996]). Destaca polo cultivo tradicional de figueiras, base da elaboración dos figos secos de Fraga, de tradición mourisca. As actividades industriais derivan en boa parte do sector primario (almacéns de froita, fábricas de pensos e empresas de maquinaria agrícola). Tamén teñen certa presenza as industrias de materiais de construción. Identifícase coa Gallica Flavia. Habitada por unha poboación de mouriscos e cristiáns vellos, entrou en decadencia trala expulsión dos mouriscos (1610). Do seu patrimonio cultural destacan os xacementos de Monegros e a basílica paleocristiá de Pilar de Santa Quiteria (s V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do bispado de Lugo, que entroncou cos Vázquez, Torreiro, Varela e Caañamo. As súas armas traen, en campo de ouro, unha árbore de sinople, cun can pasante de sable, ao pé do tronco. Outra variante leva, en campo de azul, unha banda de ouro, acompañada de tres estrelas de oito puntas, tamén de ouro, no xefe, e dunha vieira, de prata, na punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal editada por Espectáculos Celta en Vigo a partir de 1959. Subtitulouse “Boletín informativo de espectáculos” e incluía información referida ás estreas das novidades cinematográficas no histórico cine Fraga. Ademais das seccións “Página para la mujer” e “Rincón ameno”, ofrecía datos sobre outras películas proxectadas noutros cines vigueses históricos coma o Tamberlick, o García Barbón e o Odeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director xeral de Unidad Editorial SA. Licenciouse en Ciencias Económicas e Socioloxía. Ademais realizou estudios de técnico en relacións públicas. Foi director comercial de Publipost, subdirector de Víctor Sagi Exclusivas e Catalana de Publicidad, director de promoción e publicidade de La Voz de Galicia, e subdirector e director xeral de publicidade do Grupo 16.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Fillo de galego e de vasco-francesa, pasou un breve período da súa infancia en Cuba, de onde regresou aos catro anos. Iniciou os estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1939 e continuounos na Universidad Complutense de Madrid. Acadou a licenciatura en 1944 e doutorouse coa tese Luis de Molina y el derecho de guerra. Tamén se licenciou en Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Madrid. Rematados os seus estudios universitarios optou por presentarse a oposicións, nas que acadou o número un da súa promoción; no ano 1945 ingresou no Corpo de Letrados das Cortes Españolas e dous anos máis tarde na Escuela Diplomática; posteriormente gañou a cátedra de Dereito Político da Universitat de València (1948) e a de Teoría do Estado e Dereito Constitucional da Universidad Complutense de Madrid (1953), que ocupou ata a súa xubilación como docente en 1987. Principiou a súa actividade política oficial en 1951 como secretario xeral do Instituto de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador e poeta. Publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos e Lúa Nova, e é autor dos títulos Do amor salgado (Premio O Grelo 1997), Mar de ausencias (Premio de Poesía Francisco Añón 1998, publicado en 2000) e Ese estraño silencio (Premio Avelina Valladares 1997, publicado en 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e empresario cinematográfico. Cursou estudios como seminarista antes de emigrar a Bos Aires e foi alí onde coñeceu uns dos novos inventos do momento, o cinematógrafo. Regresou a Galicia para presentar o novidoso espectáculo. Deste xeito, converteuse nun dos primeiros exhibidores cinematográficos ambulantes que percorreron a xeografía galega. No ano 1908, Fraga estreouse como exhibidor cinematográfico na cidade de Santiago de Compostela, cun pavillón situado no Paseo da Ferradura que simultaneou con outro instalado na Alameda da cidade, que funcionou baixo o nome de Gran Cine Fraga. En Santiago arrendou tamén os locais do Recreo Artístico e o Salón Apolo no decurso dese mesmo ano. No novo complexo empresarial, Camilo Díaz Baliño dirixiu o Taller de Arte e Propaganda da Empresa Fraga. Nese tempo, Fraga consolidárase como o máis importante empresario do sector en Galicia. Entre 1914 e 1919 fíxose coa xestión dos principais locais vigueses, coruñeses, ourensáns, lugueses, pontevedreses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, dende 1984 forma equipo con Francisco Javier García-Quijada Romero e Manuel Portolés Sanjuán. Entre outras obras cómpre destacar a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a adecuación dun edificio de vivendas na praza do Rei para sede da xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica dos antigos xulgados e cárcere de Vigo convertidos no Museo de Arte Contemporánea (MARCO, 1998-2002). Entre outros galardóns recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO