fraga

fraga

(< lat fraga ‘lugar escarpadoe con maleza’, de fragōsu)

  1. s f

    Terreo de difícil acceso, cheo de penedos e desniveis moi pronunciados.

  2. s f

    Extensión de monte, xeralmente illado e de difícil acceso, poboado de árbores de folla caduca, herbas, mofos e liques e onde convive gran diversidade de fauna. É propia de climas tépedos cunha estación fría non moi marcada. Característica da vexetación autóctona de Galicia, ocupou no pasado grandes extensións de terreo. O estrato arbóreo está representado polo carballo e o cerquiño e outras especies como o bidueiro, a abeleira e o freixo. Os estratos arbustivos, herbáceo, muscinal e epifito presentan unha gran variedade de especies.

    Confrontacións: carballeira.
  3. s f

    Extensión grande de terreo no que medran espontaneamente árbores e arbustos.

    Ex: Foron buscar un pouco de leña á fraga.

    Sinónimos: bosque.
  4. s f

    Mato que para a forza do vento e serve de abrigo.

Palabras veciñas

fradía | Fraenkel, Albert | Fraenkel-Conrat, Heinz | fraga | Fraga | Fraga | Fraga