fraga
(< lat fraga ‘lugar escarpadoe con maleza’, de fragōsu)
-
s
f
Terreo de difícil acceso, cheo de penedos e desniveis moi pronunciados.
-
s
f
Extensión de monte, xeralmente illado e de difícil acceso, poboado de árbores de folla caduca, herbas, mofos e liques e onde convive gran diversidade de fauna. É propia de climas tépedos cunha estación fría non moi marcada. Característica da vexetación autóctona de Galicia, ocupou no pasado grandes extensións de terreo. O estrato arbóreo está representado polo carballo e o cerquiño e outras especies como o bidueiro, a abeleira e o freixo. Os estratos arbustivos, herbáceo, muscinal e epifito presentan unha gran variedade de especies.
Confrontacións: carballeira. -
s
f
Extensión grande de terreo no que medran espontaneamente árbores e arbustos.
Ex: Foron buscar un pouco de leña á fraga.
Sinónimos: bosque. -
s
f
Mato que para a forza do vento e serve de abrigo.