Fraga

Fraga
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria do bispado de Lugo, que entroncou cos Vázquez, Torreiro, Varela e Caañamo. As súas armas traen, en campo de ouro, unha árbore de sinople, cun can pasante de sable, ao pé do tronco. Outra variante leva, en campo de azul, unha banda de ouro, acompañada de tres estrelas de oito puntas, tamén de ouro, no xefe, e dunha vieira, de prata, na punta.