"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • PERSOEIRO

    Impresor. Herdeiro dos obradoiros tipográficos que Antonio Fraiz Piñeiro estableceu en Santiago de Compostela a partir de 1673, tanto el como os seus sucesores tituláronse “impresores del Santo Oficio”. Montero herdou o oficio de Pedro Fraiz e del fíxose cargo entre 1769, ano de La vida de D. Juan de S. Clemente, e 1796, cando se imprimiu o Sermón de la agonía, obra de Reguera. Foron estes os obradoiros responsables da maior parte dos libros impresos en Santiago de Compostela durante o segundo terzo do s XVIII, e aínda se mantivo en mans de membros da mesma familia ata o primeiro terzo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Traballou nos obradoiros tipográficos da familia Fraiz en Santiago de Compostela entre 1809 e 1830, que herdou da súa tía. A primeira das obras coñecidas da súa casa titulouse Contestación a la carta de un patriota español (1809), do bispo Sanlúcar, sendo a última, La nueva Josefina (1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. Editora da revista literaria The Dial (1925 - 1929), a súa obra caracterízase por unha visión detallada e intelectual da realidade, especialmente do mundo animal. Publicou as obras Poems (1921), Observations (1924), The Pangolins and Other Verse (1936), What are Years? (1941), Collected Poems (1951, premio Pulitzer 1952) e Tell Me, Tell Me (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muxía baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Muxía. Só se conserva a igrexa, convertida en parroquial. Suponse que o mosteiro foi fundado cara a metade do s XI. Arxilo Peláez, relacionado coa familia dos Traba, doou ao mosteiro e ao seu abade Paio Pedro, en 1095, o mosteiro familiar de San Xoán Bautista de Borneiro (Cabana). Destruído polas invasións sarracenas reconstruíuse en 1115. Favorecido pola monarquía mediante a concesión de privilexios e protección, en 1500 converteuse en priorado do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. A igrexa é un edificio románico do s XII, de planta basilical con tres naves, tres ábsidas antigamente semicirculares cubertas con bóvedas de forno, posto que á central se lle deuposteriormente forma rectangular, e o teito de madeira. A nave central, máis ancha ca as laterais, está dividida en cinco tramos con arcos de medio punto, a diferenza das laterais que os teñen apuntados. A fachada conta con dúas torres. A da dereita ten dous corpos con aberturas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi senador e presidente   da Assembléia Nacional Constituinte (1890-1891) e do Senado (1891-1894). En 1876 ingresou no Partido Republicano polo que presidiu a República do Brasil (1894-1898). O seu goberno caracterizouse pola pacificación de Rio Grande do Sul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, residiu en Málaga, onde colaborou na decoración do Teatro Cervantes (1870) e onde realizou unha doazón (1916) considerada como xermolo do museo provincial da cidade. A súa obra, discutida e persoal, foi dunha considerable inquietude. Das pequenas táboas pasou ás tópicas composicións de historia e anécdota e ás paisaxes, fundamentalmente fantasiosas ou exóticas, influídas pola cultura musulmá. Destacan Otello i Desdèmona, Els amants de Terol e Cabo Naval, primeiras medallas na Exposición Nacional de Madrid de 1881, 1884 e 1910, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo situada en Ferreirela, no concello de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), inaugurada en 2001 e dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, creador da fábrica de cerámica de Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Xesuíta, traduciu ao éuscaro Loyola-tar eneko deunaren gogo Iñarkunak (Exercicios espirituais de santo Ignacio de Loiola, 1914) e Itun zar eta berria (Antigo e Novo Testamento, 1958). Foi académico da Euskaltzaindia (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicanalista francés. Ordenado sacerdote en 1948 e considerado como o mellor sexólogo cristián, tratou de reconciliar a moral católica cos descubrimentos máis incontestables da psicoloxía moderna. Denunciado en Roma, prohibíuselle continuar exercendo o seu ministerio nos seminarios. Das súas obras destacan Une morale pour notre temps (1964) e Le célibat (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Güiana, situada entre Venezuela e Brasil, que ten uns 450 km de lonxitude e unha altitude máxima de 2.772 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Ordenado sacerdote en 1946, foi profesor en Madrid, Roma e Nova York, e desde 1972 foi profesor de filosofía comparada de relixión e de historia das relixións en Santa Barbara (California). Das súas obras destacan Kultmysterium in Hinduismus und Christentum (1964), Religión y religiones (1965), The Trinity and the Religious Experience of Man (1973), Paz y desarme mundial (1991, primeiro premio de ensaio Antonio Machado) e El silencio de Buddha: introdución al ateismo religioso (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil (56.585 km2; 3.443.825 h [2000]). A súa capital é João Pessoa. Limita ao N con Rio Grande do Norte, ao L co Océano Atlántico, ao S con Pernambuco e ao O con Ceará. Destaca na súa economía a agricultura intensiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil (1.061 km). Nace no estado de São Paulo, penetra no de Minas Gerais e desemboca no Océano Atlántico polo estado de Rio de Janeiro. Fórmase con diversas correntes, como os ríos Paratinga e Paraibuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xardín mítico de felicidade do comezo e da fin dos tempos. As representacións e os contidos do paraíso son moi diferentes nos distintos círculos culturais, que empregan materiais representativos de acordo coa súa situación sociocultural, xeográfica ou climática. No xudaísmo contemporáneo do Novo Testamento, o xardín do Edén considerábase o lugar de residencia das ánimas dos xustos. Esta representación atópase tamén no Novo Testamento, que considera a Xesús Cristo como o restablecedor do paraíso ao final dos tempos. No Islam é o lugar das delicias, de froitos agradables e auga abundante, destinado a homes e mulleres crentes na predicación de Mahoma. A obxectivación tradicional cristiá concíbeo como as orixes onde Deus situou a Adán e Eva, denominándoo paraíso terreal, para distinguilo do paraíso celestial, que é o estado dos santos e os anxos constituído pola visión beatífica. Entre as pinturas cristiás máis antigas figura a representación dos catro ríos...

    2. Lugar onde as almas das persoas gozan da presenza de Deus.

    3. Adro axardinado da basílica paleocristiá.

    4. Lugar ameno confortable e cheo de paz.

    5. País que ten unha presión fiscal baixa ou nula sobre os ingresos persoais e os beneficios das sociedades e que concede importantes exencións fiscais para os ingresos derivados dos investimentos que pretende favorecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (7.218 km2; 277.000 h [estim 1991]). A súa capital é Yuscarán (2.091 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pórtico situado no acceso principal da catedral de Ourense, construído durante o s XIII. A súa fábrica, ao igual que o resto do templo, estivo subordinada á influencia artística compostelá, -do contorno do mestre Mateo-, polo que manifesta importantes semellanzas co pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Está constituído por tres arcos, que dan acceso ás respectivas naves do templo e cuns soportes que se decoraron con estatuas-columna que representaban os profetas e os apóstolos. No arco de entrada á nave do Evanxeo ou nave do lado S, situáronse, dun lado, os profetas Oseas e Malaquías, e doutro, un profeta descoñecido xunto a Ezequiel e Habacuc, -cos seus nomes escritos nos seus respectivos rolos-. Nas xambas do arco central colocáronse, do lado esquerdo, os profetas Xonás, Daniel, Xeremías -caracterizado aquí como o Isaías compostelán- e Isaías -caracterizado como Moisés, sostendo as Táboas da Lei e apoiado no bastón; do lado dereito, os apóstolos Pedro, Pablo, Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO