"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Becerreá, baixo a advocación de san Román.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente da parroquia luguesa de Armesto, no partido de Becerreá, desde onde pasou a Asturias, Castela, Andalucía e América. Esta caste emparentou cos Becerra, Bermúdez de Castro, Becerreiro, Paraladoiro, Novoa, Sotelo e cos Niño de la Vega. Moitos membros dos Armesto probaron a súa nobreza na Real Chancelería de Valladolid. As súas armas levan, en campo de azul, unha cruz gamada de ouro cargada de cinco veneras de prata e goles, unha en cada brazo, e a quina no centro. Unha rama de Zamora leva, en campo de sinople, un castelo con muralla, no flanco destro, da porta sae unha vaca atada cunha cadea e os aneis terminan nunha troneira do castelo; no flanco sinistro, unha aguia da súa cor. Outra variante trae, en campo de goles, unha aguia voante da súa cor despregada e coroada de ouro.
-
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escola de Arquitectura de Barcelona, na súa práctica profesional optou pola defensa dunha arquitectura racional en equilibrio coa realidade do medio. O exemplo máis salientable do seu facer arquitectónico é a Casa de Vilasouto, no Incio (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Especialista en expresión vogal e en produción teatral. Participou na creación de Teatro do Adro, co que dirixiu o espectáculo Petición de man (1995), a partir do texto homónimo de Anton Pavlovič Čekhov. Tamén realizou diversos traballos como axudante de dirección en espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993) e Viaxe e fin de Don Frontán, producidos polo Centro Dramático Galego; A noite das tríbades (1996) e Vellos Tempos (1998), realizados por Teatro do Atlántico; Ministros pola cara (1997), de Encuadre Producións; ou Lugar Común, estreado por Teatro de Ningures en 1999. Tamén ten realizado diversos traballos para cine, participando como axudante de dirección na película A noiva de medianoite (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enxeñeiro. Publicou dúas obras: Elementos de Geometría y su aplicación a la resolución de algunos problemas para uso de los aspirantes a maquinistas de la Marina mercante (1898) e Elementos de Aritmética, escritos con arreglo a los programas vigentes en las Escuelas de Maestranza y aspirantes a maquinistas (1906).
-
GALICIA
Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, xornalista, filósofo e político. Trasladado a Madrid por estudios, coñeceu a Pi i Margall e Castelar, e colaborou con artigos de economía política no xornal La Discusión e cunha serie titulada “La moralidad de la mentira” no xornal El Trabajo. De regreso a Pontevedra escribiu nos xornais El Progreso e El Derecho, entre outros. Deputado a Cortes por Pontevedra (1873), seguiu participando na redacción de varios xornais. Publicou Discusiones sobre la Metafísica (1879) e contos e novelas curtas como La serenata de Shubert.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
armíxero.
-
-
Espira, voluta ou anel do capitel dórico.
-
Forma xenérica usada para designar diferentes aparellos astronómicos, formados por un, dous ou máis círculos, que foron usados antigamente para efectuar observacións. O tipo máis primitivo e elemental, que substituíu o gnomon, estaba formado por un ou dous círculos e só se podía usar para observar o movemento do Sol (s III a C). No século seguinte apareceu outro tipo: a esfera armilar zodiacal. Ptolomeo (s II d C) chamou astrolabio a un tipo de armila portátil, nome co que é coñecida dende entón.
-
Tipo de anel dalgúns cogomelos (como os do xénero Armillaria) situado na parte superior do pé, preto do sombreiro.
-
-
-
Formado de aneis.
-
Antigo aparello astronómico constituído por diversos círculos metálicos, un deles fixo no plano do ecuador celeste e outro arredor dun eixe que representaba a liña dos polos. Permitía calcular directamente a ascensión recta ou o horario e a declinación. Foi coñecida e usada en China, pero descoñecida en Europa, cando menos durante a Idade Media.
-
Aparello astronómico formado por dous ou máis círculos e constituído como unha forma perfeccionada da armila. Permitiu a observación dos astros e o cálculo de lonxitude e latitude celestes entre os planetas e as estrelas.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Granada, Andalucía, na Vega de Granada (10.921 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das tricolomatáceas. En Galicia é común a especie A. mellea, que habita sobre madeira morta ou como parasito de árbores vivas, composta por cogomelos en grupos apretados con sombreiros de ata 7 cm de diámetro, da cor do mel, con escamas parduscas e rematados en umbón.
-
-
de armiñar.
-
Gornecido con pel de armiño.
-
Semellante ao armiño, pola súa cor branca.
-
-
PERSOEIRO
Realizador, autor teatral e guionista cinematográfico. Destaca polo tratamento, nos seus filmes, de asuntos insólitos. Na súa traxectoria cómpre destacar Mi querida señorita (1971), El nido (1980), protagonizada por Héctor Alterio, Stico (1984), coa interpretación de Fernando Fernán Gómez, Mi general (1987), Una gloria nacional (1991), Al otro lado del túnel (1994) e El palomo cojo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe discutida. Probablemente proceda, ao igual ca o nome Armando, do xermánico Hariman (formado por hari ‘exército’ e man ‘home’, isto é, ‘home de armas, soldado’) e lind ‘tileiro ou escudo feito con pau de tileiro’. Algúns estudiosos considérano variante de Armando ou de Ermelindo. Non hai santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de Arminius.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partidario da doutrina de Arminius.