armilar

armilar

(< lat armilla ‘aro’)

  1. adx

    Formado de aneis.

  2. esfera armilar ecuatorial [ASTRON]

    Antigo aparello astronómico constituído por diversos círculos metálicos, un deles fixo no plano do ecuador celeste e outro arredor dun eixe que representaba a liña dos polos. Permitía calcular directamente a ascensión recta ou o horario e a declinación. Foi coñecida e usada en China, pero descoñecida en Europa, cando menos durante a Idade Media.

  3. esfera armilar zodiacal [ASTRON]

    Aparello astronómico formado por dous ou máis círculos e constituído como unha forma perfeccionada da armila. Permitiu a observación dos astros e o cálculo de lonxitude e latitude celestes entre os planetas e as estrelas.

Palabras veciñas

Armesto, Victoria | armífero -ra | armila | armilar | Armilla | Armillaria | armiñado -da