armilar
armilar
(< lat armilla ‘aro’)
-
adx
Formado de aneis.
-
esfera armilar ecuatorial
[ASTRON]
Antigo aparello astronómico constituído por diversos círculos metálicos, un deles fixo no plano do ecuador celeste e outro arredor dun eixe que representaba a liña dos polos. Permitía calcular directamente a ascensión recta ou o horario e a declinación. Foi coñecida e usada en China, pero descoñecida en Europa, cando menos durante a Idade Media.
-
esfera armilar zodiacal
[ASTRON]
Aparello astronómico formado por dous ou máis círculos e constituído como unha forma perfeccionada da armila. Permitiu a observación dos astros e o cálculo de lonxitude e latitude celestes entre os planetas e as estrelas.