"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Aplícase a cada un dos nervios secundarios das follas que parten do principal e describen un arco que non chega ata o bordo da folla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo preparado para unha carreira de cans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carro grande provisto de toldo e tirado por unha ou máis cabalerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as algas pardas do xénero Laminaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración asinada o 24 de xuño de 1412 pola que se designaba o sucesor do Rei Martiño o Humano ao trono de Aragón, quen morrera sen sucesión directa. Os xuíces escoitaron os legados dos diversos candidatos (Jaume d’Urgell, Luís de Anjou, Fernando de Castela, Federico de Luna e Afonso duque de Gandía), pronunciáronse a favor de Fernando de Castela e instauraron a dinastía dos Trastámara na Coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo e xenro de Mateo de Prado, participou nas obras do baldaquino perdido de Oseira. Realizou unha imaxe de santo Antón para unha capela de Melide en 1675. En 1679 traballou na imaxe da Nosa Señora da O da confraría do Rosario de Santiago de Compostela. En 1681 foi asalariado da catedral de Santiago de Compostela e, en 1685, restaurou a imaxe do Santo Cristo do altar da Nosa Señora da Soidade. En 1688 realizou dúas imaxes de san Bieito e santo Antón para a igrexa de Santa María do Campo (O Irixo). É probable que traballase no mosteiro de Santa María de Oseira con Xoán Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación de orixe medieval situada en San Xoán de Castromaior, no concello de Abadín. Relacionada co conde Fadrique, que lla mercou a Xoán Freire de Andrade a comezos do s XV, foi o lugar onde se retirou e finou Isabel de Castro trala execución do seu esposo, o mariscal Pardo de Cela. Os restos deste castelo foron declarados Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Construída a finais do s XII en estilo románico, no seu interior destaca o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre un par de columnas con capiteis de sinxela decoración a base de follas e bólas. Na porta principal sobresae a disposición lonxitudinal das doelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castro localizado nun outeiro de preto de 725 m de altitude, que domina boa parte do val do Arnoia, na parroquia de Santa María de Castromao (Celanova). Este castro, coñecido desde a época medieval, identificouse a finais do s XIX cunha das poboacións romanas que se rexistran no Anónimo de Ravenna. As primeiras escavacións deste conxunto datan de 1920-1930, época na que Xulio Rodríguez e Florentino López Cuevillas abriron dúas gabias na zona da muralla. Non obstante , non foi ata os anos sesenta e setenta cando Mariano García Rollán realizou a maior parte das escavacións do castro. O conxunto arqueolóxico de Castromao presenta uns sinais de habitación que van desde o Bronce final ata ben avanzado o dominio romano. As construcións que configuran o castro están dispostas ao redor dunha penedía central, nunha plataforma de ancho variable, entre os 12 e os 15 m, rodeada por unha muralla de pedra e por un terraplén revestido con cachotería de case 500 m de perímetro. A entrada a este recinto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun topónimo homónimo. Como nome de lugar remite ao latín castru malu ‘castro malo’. A súa denominación está motivada pola consideración negativa que se tivo deste castro debido a que non estaba ben dotado para albergar a súa poboación ou porque presentaba malas condicións defensivas. Documéntase no s XV: “Juan de Castromaao” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, I, 1967, p 162).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación da Nosa Señora da Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de transportes fundada por Evaristo Castromil no ano 1917, que tiña como obxectivo último unir as cidades da Coruña e Vigo. A súa primeira liña, inaugurada no ano da súa fundación, foi Santiago de Compostela-Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1924, trala constitución da Unión Nacional de Transportes, concedéronlle as liñas A Coruña-Santiago de Compostela, Santiago de Compostela-Vigo e Santiago de Compostela-Ourense. No ano 1929, cando xa contaba cunha flota de 43 vehículos, constituíuse como sociedade anónima e instalou as súas oficinas no edificio Castromil, en Santiago de Compostela, de estilo modernista. En 1933, o fillo do fundador, Ramón Castromil Casal, ocupou a presidencia da compañía, mentres o seu pai se reservaba o posto de conselleiro delegado. En 1969, trala morte de Evaristo Castromil, foi o seu neto, Ramón Castromil Ventureira, quen se fixo cargo da empresa ata 1994, data na que pasou a mans do irmán máis novo, Xavier Castromil Ventureira. A partir de 1970 a empresa...

    VER O DETALLE DO TERMO