Caspe, Compromiso de

Caspe, Compromiso de

Declaración asinada o 24 de xuño de 1412 pola que se designaba o sucesor do Rei Martiño o Humano ao trono de Aragón, quen morrera sen sucesión directa. Os xuíces escoitaron os legados dos diversos candidatos (Jaume d’Urgell, Luís de Anjou, Fernando de Castela, Federico de Luna e Afonso duque de Gandía), pronunciáronse a favor de Fernando de Castela e instauraron a dinastía dos Trastámara na Coroa.

Palabras veciñas

caspa | Caspary, banda de | Caspe | Caspe, Compromiso de | caspela | caspento -ta | caspiano -na