Caspe
Caspe
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado na confluencia do río Ebro co Guadalope (7.770 h [1996]). O sector agrícola desenvolve plantacións de oliveiras, trigo e amendoeiras. As principais industrias son as dos derivados da produción de aceite e fariña. En 1412 tivo lugar a reunión que acordou o chamado Compromiso de Caspe.