"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber, coñecida xeralmente co nome de dinastía benimerina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Martín e Santa Mariña de Rosende.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre italiana, orixinaria de Barberino, no val do Elsa. No s Xlll trasládase a Florencia, onde obtivo a nobreza. Do 1490 ao 1511 deu catro priores á república. Con Antonio Barberini pasou a Roma. O cardeal Maffeo Barberini foi elixido Papa no 1623 co nome de Urbano Vlll. Converteuse nun dos principais mecenas da arte barroca romana. No 1630 mercou aos Colonna o principado de Palestrina para llo outorgar ao seu sobriño, Taddeo Barberini (morto no 1647). Maffeo Barberini (morto no 1685), segundo príncipe de Palestrina, duque de Monterotondo e de Nerola, obtivo a Grandeza de España (1678) sobre o principado. O derradeiro membro desta familia foi Cornelia-Costanza Barberini, cuarta princesa de Palestrina (morta no 1797), muller de Giulio Cesare Colonna di Sciarra, príncipe de Carbognano e duque de Bassanello. Os seus sucesores chamáronse Barberini-Colonna di Sciarra e formaron dúas ramas: a dos príncipes de Carboganano, extinguida na liña masculina en 1942, e a dos príncipes de Palestrina,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea da Barberino.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Escribiu Documenti d’Amore (1309-1313), poema alegórico, e a recompilación de preceptos Del reggimento e costumi di donna, en prosa e en verso, obras moi interesantes para o coñecemento dos costumes do s XlV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Venezuela (35.200 km2; 516.789 h [1995]). A súa capital é Barinas. Anteriormente recibía o nome de Estado de Zamora. A maior parte do seu territorio pertence á rexión natural de Los Llanos, agás o N, onde se atopan as serras da cordilleira dos Andes. A máxima altitude rexístrase no páramo de Mucuñuque, de 4.672 m. Os seus ríos, numerosos e caudalosos, desembocan no Apure. A maior parte da poboación está establecida ao pé das montañas, a salvo das inundacións que se producen nas épocas de chuvia.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Barinas, Venezuela, nas beiras do río Santo Domingo (179.918 h [1991]). Encrucillada de importantes estradas que relacionan os Llanos, o litoral do Caribe e a cordilleira de Mérida. Cidade importante durante a época colonial, foi trasladada ao seu lugar actual dende as abas da cordilleira no 1759.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crego pioneiro na recolleita do folclore inglés. Recompilou multitude de cancións populares e foi autor de numerosos himnos, como Onward, Christian Soldiers (Adiante soldados de Cristo,1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista inglés, fillo de lord Revelstoke. Estudiou en Eton e no Trinity College. Ingresou no corpo diplomático (1898). Escribiu poesía, novela, ensaio e crítica. Foi un narrador sensible e suxerinte a través de episodios sinxelos. Entre as súas obras como novelista destacan: Passign by (Aves de paso, 1921), Daphne adeane (1926), Comfortless memory (Recordos inquedantes, 1928) e The lonely lady of Dulwich (A solitaria señora de Dulwich, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do centro de Kenya (500 km2). Dálle o seu nome a uns depósitos de fósiles que van dende o Mioceno ata o Pleistoceno, onde foron descubertos restos de australopitecos que teñen 3.500.000 anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Colaborou en diversas revistas e xornais. Foi asesor artístico do concello da Coruña. Membro da Real Academia de Belas Artes da Coruña, en 1962 ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado: “Breves divagaciones sobre el arte en relación con algunos pueblos y épocas de la antigüedad que lo crearon”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Financiación total ou parcial da produción dun espazo audiovisual por parte dun anunciante a cambio da promoción publicitaria dos seus produtos ou da súa marca, que poden aparecer en calquera momento da difusión do programa.
-
PERSOEIRO
E Lo ramet de ginesta (1867), e outras compilacións poéticas, onde a miúdo adoptaba o ritmo das cancións populares, revelando unha visión idílica do campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Os seus escritos máis característicos están recollidos nun volume de poesías en castelán. Algo (1881), e nun libro en catalán e castelán, Obras en prosa y verso (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo alemán. En colaboración con Shibasaburo Kitasato realizou estudios que son o punto de arranque da inmunoloxía. En 1891 conseguiu preparar o soro antidiftérico. Recibiu o primeiro Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1901 polos seus traballos sobre a inmunidade antitóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo holandés. Iniciou e desenvolveu a técnica do cultivo de enriquecemento, aplicada ao estudo das bacterias do solo e das rizobiáceas das raíces das fabáceas. Estudiou a enfermidade de mosaico do tabaco, da que se sabía que non estaba causada por bacterias (única orixe coñecida daquela para as infeccións), e definiu o axente causante como un “fluído vivo contaxioso”, ao que lle deu o nome de virus filtrante. Este termo, co paso do tempo, simplificouse no actual virus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título da Casa Real de Portugal concedido por Xoán V no 1734 á súa neta María (logo Raíña María I). Trala independencia do Brasil, o título foi privativo do primoxénito do príncipe do Brasil e do Rei. Actualmente pertence ao herdeiro do duque de Bragança, pretendente ao trono de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘poldro’.
-
-
Relativo ou pertencente aos benimeríns.
-
Individuo pertencente á dinastía benimerín.
-
Dinastía bérber do grupo Zenāta, chamado tamén marínida, que substituíu os almohades no dominio do norte de África (1269-1465). A época de máximo esplendor foi a dos reinados de Albūl-Hassan (1338-1348) e de Abū’ Inaān (1349-1358), despois da que comezou a decadencia. Realizaron numerosas incursións na Península enfrontándose aos cristiáns, como na Batalla del Salado (1340) fronte aos exércitos de Afonso XI. Os benimeríns fixeron moitas edificacións, especialmente en Fez, a capital. A madrasa de Qarawiyyīn, en Fez, foi un foco de cultura no occidente islámico.
-