"Rita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

    1. Poñer(se) curvo ou torto algo.

    2. Envolverse sobre si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que remite ao hipocorístico italiano de Margherita, nome do que deriva Margarida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística italiana. Obrigada a casar, fíxose relixiosa nas agostiñas de Cascia ao morrer seu marido e seus dous fillos. Avogada dos imposibles, represéntase con hábito negro, cinguido cunha correa e unha espriña cravada na testa. Foi canonizada en 1900 e a súa festa celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura explosiva de bencenos cloronitrados e de nitrato de amonio, que pode ser preparada mesturando os seus ingredientes no mesmo momento e lugar en que se quere empregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Grial e Festa da palabra silenciada. Publicou o estudo Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo (1992) e a recompilación Entrevistas a Rafael Dieste (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de cobalto, CoAs2. Mineral que cristaliza no sistema rómbico. Constitúe unha serie continua coa rammelsberxita (NiAs2). É de cor entre branca e gris, ten unha dureza de 4,5 a 5,5 e una densidade de 7.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Samaria, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Samaria.

      1. Relativo ou pertencente á comunidade samaritana.

      2. Individuo da comunidade samaritana.

      3. Comunidade étnico-relixiosa xurdida da mestura entre a poboación autóctona israelita de Samaria e os colonos introducidos polos asirios despois da destrución da cidade (722 a C) procedentes de Babilonia, Cut, Avá, Hemat e Sefarvaim. O sincretismo relixioso no que derivou non foi nunca recoñecido polos xudeus. Non só se negaron a colaborar na reconstrución do templo de Xerusalén, senón que edificaron un propio no cumio do Gěrizzīm, onde aínda inmolan o gran sacrificio de Pascua. Quedan uns 450, repartidos nos centro de Nābulus e de Holon, preto de Tel-Aviv-Yafō.

    1. Forma do arameo occidental, falado e escrito desde o s IV a C ata o s XI polos samaritanos. Caracterízase pola desaparición case sistemática das consoantes larínxeas.

    2. Que ou quen é caritativo.

    3. Literatura cultivada polos samaritanos nas diversas linguas que empregaron ao longo dos séculos. O hebreo foi a lingua do Pentateuco samaritano. En arameo samaritano escribíronse o Tragum samaritano do s IV e a maioría das composicións esexéticas e litúrxicas, ademais dalgunhas obras históricas. Durante o período helénico-romano (ss IV a C-IV d C) empregouse o grego, aínda que só se conservan uns poucos fragmentos literarios de Alexandre Polihistor. Tras o dominio musulmán, a maiorías das obras samaritanas de carácter histórico, xurídico, esexético e gramatical redactáronse en árabe. Destaca a obra de Abū-l-Fatḥ ibn Abū-l-Ḥasan (s XIV), que recompilou os anais do gran sacerdote Pinḥas ben Yosef.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo de cortesía aplicado a unha muller solteira. OBS: Nesta acepción a súa abreviatura é Srta.

    2. Termo de cortesía aplicado a unha rapaza ou a unha muller nova da que se descoñece o nome, ou a unha empregada dun establecemento ou oficina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga Síbaris ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante da antiga Síbaris.

    1. Que ou quen ten gustos refinados e se recobre dunha comodidade e dun luxo excesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de ferro, de fórmula FeCO3, que cristaliza no sistema romboédrico, en cristais normalmente romboédricos ou en masas de gran fino ou groso. A súa dureza é de 4, e a súa densidade de 3,96. Presenta un brillo vítreo e unha cor amarela ou gris, e ás veces avermellada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro movemento unitario catalán creado en 1906. Formaron parte dela os carlistas, a Lliga Regionalista, o Centre Nacionalista Republicà, a Unió Catalanista, os republicanos federais e unha parte de Unió Republicana. Acadaron un grande éxito nas eleccións xerais de 1907, pero as diferenzas entre os seus integrantes provocaron unha crise e, despois da derrota electoral nas eleccións de Barcelona de 1908, desfíxose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico (1887-1960) de África Oriental. Acadou a independencia en 1960 e integrouse no estado de Somalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taboritas.

    2. Seguidor da á radical husita, organizada por Jan Zižka na praza forte de Tabor (Bohemia) en 1420. Baixo a guía do seu sucesor Procopio o Rapad, en 1424 asediaron Nuremberg e obrigaron a Federico de Hohenzollern a asinar o Tratado de Heheimstein (1429-1430). En 1434 foron derrotados en Lipant, preto de Cesky Brod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dióxido de telurio, de fórmula TeO2. Cristaliza no sistema rómbico, en cristais moi pequenos e tabulares de cor amarela a branca agrisada. Trátase dun mineral moi raro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de cobre, de fórmula CuO. Cristaliza no sistema monoclínico, presenta unha dureza de 3 a 4 e unha densidade de 6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia británica constituída en novembro de 1965. Ten unha superficie de 46 km2 e comprende o arquipélago de Chagos, onde destaca a illa Diego García, que ten unha base militar británica e estadounidense. Outras illas menores son Pero Banhos, Salomon e Three Brothers. Non existe unha poboación estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfoantimoniado de cobre, de fórmula Cu12Sb4S13, que cristaliza no sistema cúbico en cristais normalmente tetraédricos, aínda que ás veces tamén o fai en masas granulares. É de cor gris escura ou negra e ten unha dureza de 3,5-4,5 e unha densidade de 4,6-5,1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apósito adhesivo cunha gasa no seu centro, que serve para protexer pequenas feridas. Foi inventado en 1917 por Earle Dickson e introducido en España por Gerar Coll en 1941, e comercializado con este nome a partir de 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de torio, de fórmula ThSiO4, que cristaliza no sistema tetragonal. É un mineral radioactivo que presenta unha dureza de 4,5 e unha densidade de 4,4 a 4,8. É de cor marrón escura a negra e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RNA-polimerase.

    VER O DETALLE DO TERMO