"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores e arbustos monoicos ou dioicos, da familia das cupresáceas, de follas opostas ou verticiladas, escuamiformes ou aciculiformes e o froito en baga indehiscente. En Galicia esta presente a especie J. communis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome neurolóxica debido aos depósitos de bilirrubina nos tecidos do sistema nervioso central, que se manifesta como unha forma grave de ictericia do neonato, especialmente naqueles con incompatibilidade Rh, producida como resultado dunha complicación da eritroblastose fetal. Caracterízase por graves alteracións neurolóxicas, como a perda do reflexo de alarma ou a alimentación deficiente. Maniféstase entre o segundo e o oitavo día de vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kalynivka 17.4.1894 - Moscova 11.9.1971) Político soviético de orixe ucraína. Mineiro e guerrilleiro durante a Revolución de Outubro e a Guerra Civil, na década de 1920 traballou na organización do partido comunista en Ucraína e en 1931 trasladouse a Moscova, onde entrou a formar parte do Politburó. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) organizou a loita de guerrillas e, tralo conflito, fíxose cargo da planificación agrícola da URSS. Trala morte de Stalin foi elixido primeiro secretario do Comité Central do PCUS (1953-1964) e xefe de goberno da URSS (1958-1964). En política exterior avogou polo achegamento a Occidente e pola coexistencia pacífica con EE UU, que se demostrou especialmente na resolución da crise dos mísiles de Cuba (1962). En política interior puxo en práctica unha política de reformas que levaba á desestalinización do sistema e na que destacou a lectura dun informe secreto, especialmente crítico co réxime de Stalin, durante o XX Congreso do PCUS (1956). Criticado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da réptiles fósiles, da familia dos captorrínidos, que presentan a cabeza triangular (ó igual que os dentes), estruturas posiblemente defensivas óseas nas órbitas e de 70-75 cm de lonxitude. Viviron en América do Norte e atopáronse fósiles en Texas a principios do Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos lábridos, que inclúe varias especies de interese comercial para Galicia, como pode ser a maragota (L. bergylta) ou o rei (L. bimaculatus).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da familia das corioláceas, que presentan forma de sombreiro imbricado formando masas, moi alongado coa marxe moi irregular e de cor laranxa. Carecen de pé e a súa carne é grosa. Son parasitos de árbores caducifolias. En Galicia pódese atopar a especie L. sulphureus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais, da familia das poáceas, que presenta follas planas e flores dispostas nunha inflorescencia en panícula. Pertence a este xénero a especie L. ovatus (rabo de lebre), que se atopa en areas de praia e piñeirais de beiramar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade silvestre de vide.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Arcebispo de Xénova (1819), foi nuncio en París (1827-1830). Nomeado cardeal en 1831, foi secretario de Estado de Gregorio XVI (1836) e defendeu o absolutismo nos Estados Pontificios polo que tivo que refuxiarse con Pío IX en Gaeta (1848-1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo italiano. Fundou o Giornale Agrario Toscano en San Cerbone e a revista Guida dell´Educatore (1836). Foi elixido deputado en 1848 e senador en 1860. Escribiu sobre ética e educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos láridos, ao que pertencen as gaivotas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das fabáceas, que presenta follas alternas, paralelinervias e flores agrupadas en inflorescencias en acios terminais ou flores solitarias. Comprende unhas 125 especies, en Galicia están presentes L. montanus, L. hemisphaericus, L. aphaca e L. angulatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, perennes, da familia das lauráceas, que presenta follas alternas, enteiras, flores dioicas de cor verdosa e froito en baga. En Galicia esta presente a especie L. nobilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus das aves e dos mamíferos, constituídos por RNA e cunha envoltura proteica. Poden ser axentes causantes de leucemias, sarcomas e outras enfermidades non neoplásticas, mentres que outros leucovirus semellan inocuos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas, da familia das cupresáceas, de gran tamaño, follas pequenas e con forma de escama.
-
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Profesor de lingua e literatura sudafricanas en afrikaans en Amsterdam e Witwatersrand, escribiu Gestaltes en diere (Figuras e animais, 1942), Nuwe Verse (1954) e Tristia (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Foi profesor en Harvard e embaixador en España e en Reino Unido. Humanista liberal e abolicionista, escribiu poemas románticos. Máis tarde converteuse nun humanista notable e un crítico da súa época. Da súa produción destacan Biglow Papers, Vision of Sir Launfal e Fable for Critics (1848) e My Study Windows (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos luváridos, ao que pertence o emperador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dicinodontos, da familia dos hadrosáuridos, de ata 1 m de lonxitude e orificios nasais próximos aos ollos. De hábitos semellantes aos do hipopótamo, alimentábase de plantas acuáticas que arrancaba co seu único par de cabeiros. Propio de principios do Triásico, os principais xacementos atópanse en Sudáfrica, China, India e Rusia.
-
PERSOEIRO
Raíña de Xerusalén (1205-1212), filla de Isabel I de Xerusalén e de Conrado I de Monferrato. En 1206 pactouse o seu matrimonio con Pedro I de Aragón, se realizaba unha expedición a Terra Santa antes do día de Todos os Santos de 1207, e se conseguía a nulidade con María de Montpellier, pero o Papa Inocencio III non a concedeu. Finalmente casou en 1210 con Xoán de Brienne.
VER O DETALLE DO TERMO