"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • ENTRADA LARGA

    Catedral situada en Santiago de Compostela. O lugar para a súa construción determinouno o achado dos restos do Apóstolo Santiago polo bispo de Iria Teodemiro nun antigo mausoleo romano cara ao 829.
    As primeiras construcións
    O Rei Afonso II mandou construír sobre o sepulcro do apóstolo unha igrexa, á que se lle deu a categoría de basílica episcopal, o baptisterio de San Xoán Bautista, un edificio exento e a residencia episcopal. Todas estas construcións configuraron o Locus Sanctus Beati Iacobi. Con esta basílica introduciuse a arte asturiana en Galicia. Realizada en cachotaría, suponse que tiña unha soa nave con cuberta de madeira e un pórtico exterior. Como cabeceira tiña o mausoleo apostólico. O bispo Sisnando I (880-920) renovou estes edificios e o Rei Afonso III inaugurou en 899 unha nova basílica de tres naves, separadas por piares rectangulares, a central de maior anchura. A cuberta era de madeira. No muro norte tiña pegado o baptisterio de San Xoán Bautista....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Cuba, situada na costa sur da illa, esténdese polos contrafortes orientais de Sierra Maestra (441.524 h [1999]). Posúe industrias alimentarias, químicas, téxtiles, de tabacos e fundicións. Fundada en 1514 por Diego de Velázquez, foi a capital da illa ata 1538. Foi o escenario da batalla naval entre España e EE UU o 3 de xullo de 1898, e a cidade foi ocupada polos estadounidenses e os insurrectos. En 1953, o asalto ao cuartel Moncada por Fidel Castro iniciou a guerra civil. Destaca o castelo de San Pedro de la Roca, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (6.170 km2; 1.023.293 h [estim 1998]). A súa capital é Santiago de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Santiago, República Dominicana (622.101 h [2002]). Situada ao N da illa, á beira dereita do río Yaque del Norte, na zona máis fértil do val do Cibao, é a segunda cidade do país. Posúe industrias de tabaco, madeira, destilarías e conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Arxentina, na rexión Norte, situada na beira dereita do río Dulce (244.567 h [2001]). Ten un escaso desenvolvemento económico pola súa situación xeográfica e a falta de vías de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, na rexión Norte (136.351 km2; 804.457 h [2001]). A súa capital é Santiago del Estero. A zona agrícola máis explotada atópase entre os ríos Salado e o Salí, con cultivos de algodón, alfalfa, millo e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no sector occidental da illa de Tenerife (9.303 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Pobra do Caramiñal. Ten planta rectangular cunha nave e ábsida gótica do s XV. Conserva capelas e algunhas columnas románicas. A nave cubrese cunha bóveda de canón rebaixada e a ábsida cunha bóveda apuntada de nove nervios. O arco triunfal é apuntado e ten ornamentación plateresca. A fachada principal ten unha porta rectangular flanqueada por dúas fornelas e outra na parte superior. O campanario é de planta cadrada, con dous corpos rematados en cúpula. Nos extremos da cuberta atópanse as imaxes dun mozo tocando a guitarra e unha moza tocando a frauta, similares ás esculturas do Pórtico da Gloria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, xornalista e escritor. Colaborador de El Ejemplo co pseudónimo de El Galleguito, fundou en Madrid a revista Galicia, onde publicou co pseudónimo de El Abate Lepe. Escribiu, entre outras obras, Lolita. Cantares y juegos de niños (1901), Catecismo patriótico: La Jura de la Bandera (1904), La Guerra de la Independencia en Galicia (1911) e El general D. Pablo Morillo (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do Sindicato de Dependientes e Comercio da CNT da Coruña, foi un dos fundadores do Partido Sindicalista e colaborou no seu voceiro Trabajo. Ao comezo da Guerra Civil, fuxiu a Portugal e Venezuela, onde se relacionou coa subdelegación da CNT e fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e a Casa de Galicia. Publicou Villardevós e O silencio redimido (1976), obra póstuma en que relata o seu camiño libertario no tempo inmediato á Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Escribiu Historia de Vigo y su comarca (1896), Bayona antigua y moderna (1902) e Filología de la lengua gallega (1918). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e comendador da Orden de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO