Santiago do Deán, igrexa de
Santiago do Deán, igrexa de
Igrexa parroquial situada na Pobra do Caramiñal. Ten planta rectangular cunha nave e ábsida gótica do s XV. Conserva capelas e algunhas columnas románicas. A nave cubrese cunha bóveda de canón rebaixada e a ábsida cunha bóveda apuntada de nove nervios. O arco triunfal é apuntado e ten ornamentación plateresca. A fachada principal ten unha porta rectangular flanqueada por dúas fornelas e outra na parte superior. O campanario é de planta cadrada, con dous corpos rematados en cúpula. Nos extremos da cuberta atópanse as imaxes dun mozo tocando a guitarra e unha moza tocando a frauta, similares ás esculturas do Pórtico da Gloria.