"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zambia (21.896 km2; 1.207.980 h [1990]). A súa capital é Lusaka.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie circunterrestre a partir da que non ten acción o campo magnético terrestre.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico serbio. Os seus filmes transmiten unha ironía forte e crítica. Da súa produción destacan Celovek nize tika (O home non é un paxaro, 1965), Ljubovnij slucaj ili tragedija sluzebnice PTT (A traxedia dunha traballadora de correos, 1965), Sweet Movie (1973), Montenegro (1981), Manifesto (1988) e Danske piger vier alt (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alor dun mancús normalmente pagado en especies ou en moeda de valor inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade ponderal do mancús.
-
GALICIA
Escritor e guionista. Compaxina desde hai anos a súa obra literaria con colaboracións en cine e televisión (Terras de Miranda) e a realización de documentais (Ma Clon ou Londres-Santiago). Das súas obras destacan Morrer na herba (1995), Sinfonía inacabada (1996), Manancial (1997, Premio Xerais de Novela) e Ira (1999). Obtivo o Premio Blanco Amor (1999) e o Premio do Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Xerusalén (1205-1212), filla de Isabel I de Xerusalén e de Conrado I de Monferrato. En 1206 pactouse o seu matrimonio con Pedro I de Aragón, se realizaba unha expedición a Terra Santa antes do día de Todos os Santos de 1207, e se conseguía a nulidade con María de Montpellier, pero o Papa Inocencio III non a concedeu. Finalmente casou en 1210 con Xoán de Brienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s VI) Bispo de Avenches (Suíza). Mudou a sé episcopal a Lausanne e fundou o convento de Payerne. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mañufe (Gondomar). De planta baixa rectangular na súa orixe, foi fundada pola familia Aldao, da que se conserva un escudo na fachada.
-
PERSOEIRO
Lexicógrafo e bibliólogo. De formación autodidacta, ten numerosos traballos sobre gramática, ortografía, lexicografía e técnicas editoriais. É autor de Dicionario de tipografía y del libro (1974), Dudas y errores del lenguaje (1974), Dicionario general del periodismo (1981), Dicionario de ortografía (1985), Dicionario de bibliología y ciencias afines (1989), Dicionario de lexicografía práctica (1995), Dicionario de edición, tipografía y artes gráficas (2001) e Libro de estilo Vocento (2003). Foi presidente de honra do Comité Español da Asociación Internacional de Bibliología (1991-1997 e 1998-2000) e presidente da Asociación Española de Bibliología (1997-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten moita idade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, fillo de Henoc, pai de Lámec e avó de Noé. Patriarca da estirpe de Set, segundo a tradición recollida na Xénese, viviu 969 anos, feito que o converteu no prototipo da lonxevidade.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Xerusalén. Perseguido durante o goberno de Galerio, participou no Concilio I de Nicea (325) e no de Tiro (335), e encargouse de convocar un en Xerusalén para salvar a Atanasio das acusacións dos arianos. A súa festividade celébrase o 5 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tipo de organización que presentan os cnidarios, formada por individuos de vida libre e peláxica que, en xeral, se reproducen sexualmente. O corpo, denominado umbrela, ten unha cara superior convexa (exumbrela) e unha inferior cóncava (subumbrela). Na metade desta última está o manubrio, onde se sitúa a boca. No bordo da umbrela ten inserida unha coroa de tentáculos provistos de cnidoblastos, e a miúdo teñen tamén órganos sensoriais (visuais, táctiles, quimiorreceptores, estatocistos). As medusas son todas planctónicas e carnívoras. A súa picada produce inchazón, eritema e dor intensa, e nalgúns casos pode ser moi grave, podendo producir un colapso cardio-circulatorio. En Galicia están presentes varias especies de cnidarios que presentan principalmente a organización tipo medusa, coa fase de pólipo reducida ou practicamente inexistente, tanto peláxicas como costeiras. Cando as condicións meteorolóxicas non son moi boas e o vento sopra cara á costa, poden producirse arribazóns destas medusas...
-
Aspecto que adquire a rede venosa superficial periumbilical en casos de hipertensión portal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das tres Gorgonas, a única mortal, fillas de Forcis e Ceto. Posuidora dunha gran beleza, foi transformada nun monstro de aspecto terrible por Atenea, coa cabeza chea de serpes, grandes cairos e unha mirada que transformaba en pedra a quen se atrevese a mirala. Perseo matouna, mentres durmía e, despois de cortarlle a cabeza, ofreceulla a Atenea, quen a empregou para adornar o seu escudo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desaparición da ovulación na muller e, en consecuencia, da regra ou menstruación, que comporta unha atrofia das mucosas endométrica e vaxinal e do colo e o corpo do útero. Sucede entre os 40 e 50 anos. A diminución da actividade ovárica adoita acompañarse de trastornos moi diversos (sufocacións, cefaleas, trastornos de emotividade), que poden aparecer na época da última menstruación ou aínda no período previo (premenopausa) e outros que son desenvolvidos nos anos seguintes (postmenopausa). Estas modificacións orgánicas tamén poden presentarse a idades prematuras cando se extirpan os ovarios (menopausa artificial). A terapia de substitución hormonal pode aliviar os trastornos agudos, pero ultimamente tamén se recoñeceu a conveniencia de aplicala cando se comproba o remate da función ovárica, coa finalidade de previr determinadas alteracións orgánicas, como é o caso da diminución da densidade ósea (osteoporose). Modernamente utilízase a administración combinada de estróxenos e proxestáxenos...
-
Época en que se produce o cesamento das ovulacións na muller.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mañufe (Gondomar). Na súa orixe (1558) tiña planta rectangular, á que se lle engadiu un anexo, polo que quedou formada unha planta en L. Está construída en cantaría e cachotaría e ten solaina, patio, eirado, pombal e hórreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Límite superior da mesosfera situada entre os 80 e 90 km de altitude. A altas latitudes e durante as noites de verán obsérvanse nubrados luminosos.