Meiselas, Susan

Meiselas, Susan

Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Baltimore, Maryland