"XT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo mixteco ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mixteco.

    3. Pobo indíxena de Mesoamérica que se formou cara ao s VIII nos terreos altos dos vales de Oaxaca. No s X iniciaron a ocupación dos vales que antes habitaban os zapotecas e conquistaron as cidades de Monte Albán e Yagul. Durante o s XVI conquistaron a cidade de Mitla, que se converteu na súa capital. Destacaron polas súas grandes construcións, as cerámicas policromadas de pasta moi fina e as súas decoracións. Crearon unha escritura pictográfica coa que escribiron libros como o Códice Borja e o Códice Nuttall, en que se reflectiron os seus modos de vida, costumes, cerimonias e loitas. Aínda que foron sometidos polos aztecas, conservaron a súa independencia creativa e influíron na obra dos seus invasores.

    4. Lingua do phylum amerindio da familia otomangueana que fala o pobo mixteco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina co significado ‘de foro mixto’ que se aplicaba antigamente aos delitos dos que podía entender indistintamente o tribunal civil ou o eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao trazo que é en parte rectilíneo e en parte curvilíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mesturar diferentes substancias.

    2. Substancia feita a base de aceite e graxa animal, que empregan os gravadores.

    3. Mestura de verniz e trementina que se emprega na realización de debuxos ou outros motivos en pezas de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está composto de partes ou elementos diferentes ou non semellantes.

    2. Que comprende a individuos de sexos diferentes.

    3. Lingua que é produto da combinación léxica, gramatical e fonética de dúas ou máis linguas, cunha finalidade básica de comunicación no ámbito do comercio. Son linguas mixtas o crioulo, as linguas francas e o pidgin-english.

    4. Número racional que pode ser expresado como suma dun enteiro e dunha fracción propia.

    5. Sílaba que comeza e acaba con consoantes, segundo a gramática tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resultado de restar de 100 os tantos por cento de auga, graxa, proteínas e fibra, na análise de alimentos. Corresponde á produción de glícidos asimilables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e paisaxista inglés. Cando traballaba como xardineiro en Chatsworth comezou coa construción de grandes invernadoiros, en que ensaiou un sistema de cubrición realizado con metal e vidro. Encargouse da construción do Crystal Palace da Primeira Exposición Mundial de Londres (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, fillo de Cneo Pompeo Magno. Enfrontado a Caio Xulio César en vinganza polo asasinato de seu pai, coa morte de César (44 a C) foi nomeado praefectus classis et orae maritimae. Proscrito polo segundo triunvirato, ocupou, coa axuda dos piratas, Sicilia, Sardeña e Córsega. Obtivo daquela o favor de Marco Antonio, quen, temeroso do seu poder crecente, abandonouno ante Octavio. Foi derrotado por Marco Vipsanio Agripa e fuxiu a Asia, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Da época dos emperadores Publio Elio Adriano, Marco Aurelio e Lucio Vero, a súa obra foi referencia para os xuristas posteriores, ata o Digesta de Xustiniano I. Escribiu Liber ad Sabinum e Liber ad Quintium Mucium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Malta (31,7 km2; 120.806 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está na parte posterior e exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Toga branca, gornecida cun bordo púrpura, que levaban os fillos home dos patricios romanos ata que chegaban a maioría de idade e as noivas e doncelas ata o matrimonio. Tamén a vestían algúns dos maxistrados (cónsules, pretores, edís curuis, censores), os cargos sacerdotais máis elevados e os maxistrados municipais.

    2. Traxedia latina de argumento romano en que os actores actuaban vestidos coa toga pretexta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razón que se dá para ocultar a verdade.

    2. Aquilo que leva a alguén a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Calvos de Randín. De orixe románica, reformouse no s XVIII. Só se conserva da primitiva construción a capela maior, cuberta cunha bóveda de maior. Destacan as pinturas murais, que puideron realizarse no s XVI e que poden representar o Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que ten a súa orixe en EE UU. En España creouse en 1955 como un servizo do ministerio de Agricultura, que pretendía prestar axudas aos agricultores, difundir os métodos de explotación e asesorar as cámaras agrarias. En Galicia depende da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e está estruturado en oficinas agrarias comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terceira, das catro partes iguais en que dividían o día os romanos, que vai desde o mediodía ata a media tarde.

    2. Hora menor do oficio divino, correspondente á hora romana homónima.

    3. Intervalo entre dúas notas separadas por cinco graos da escala diatónica. As formas máis habituais son a sexta maior (intervalo de catro tons e un semitón) e a sexta menor (intervalo de tres tons e tres semitóns). Son máis raras a sexta aumentada e a sexta diminuída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación do Sextante.

    VER O DETALLE DO TERMO