"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
GALICIA
Avogado e político. Foi secretario da Xunta Central de Galicia, constituída en Lugo en 1843. Apoiou o levantamento de Solís en abril de 1846, tralo que fuxiu a Portugal. Colaborou nunha nova revolta republicana liderada polo deputado Pereira, polo que foi detido e confinado no castelo de San Antón. Foi deputado (1854-1856) pola provincia da Coruña. Defendeu a permanencia do sistema foral no congreso agrícola celebrado en Santiago en 1864.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das cupresáceas, ao que pertence a especie Fitzroya cupressoides, endémica dos bosques subantárticos sudamericanos da cordilleira dos Andes e da costa de Chile. Caracterízase por presentar unha altura de ata 45 m, o tronco recto de ata 4 m de diámetro, a copa estreita piramidal e as follas perennes, con forma de escama, de 3 mm de longo, dispostas en verticilos de tres follas. É unha especie dioica de polinización anemócora; coas flores masculinas en amentos cilíndricos de ata 8 mm de lonxitude e as flores femininas en estróbilos globosos -de cor castaña, solitarios, de 8 mm de diámetro, constituídos por 9 escamas; as sementes presentan 2 ou 3 alas que facilitan a súa dispersión-. A madeira é lixeira, de cor castaña, resistente aos fungos e insectos e moi apreciada en carpintería.
-
PERSOEIRO
Bailadora flamenca e pintora. Coñecida como La Chunga, creceu en Barcelona onde debutou artisticamente da man do pintor Francisco Rebés no cabaré Emporium. Cunha personalísima interpretación da rumba, o seu estilo caracterízase pola súa orixinalidade, os sesu bailes descalza e pola plasticidade das súas posturas. Percorreu gran parte do mundo e actuou nas máis prestixiosas salas, dende Nova York ata Xapón, pasando por España, México, Cuba, Venezuela e París. Pintora autodidacta, enmarcada dentro do estilo naif, expuxo en diversas cidades españolas como Madrid, Barcelona e Vigo, e europeas como París, Múnic e Sandefjord (Noruega).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome feroés das Illas Feroe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán apagado da illa de Honshū, Xapón, no ken de Shizuoka. Situado no O de Yokohama, é a máxima altitude do Xapón (3.776 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fuji-San.
-
CIDADES
Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón, situada ao pé do Fuji-San, na vertente occidental (117.624 h [1991]). Ten actividade industrial. Do seu patrimonio cultural destaca o santuario sintoísta de Sengen (s IX).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade e porto do ken de Hiroshima, na illa de Honshū, Xapón, situada na costa de Setonaikai (367.921 h [1997]). Núcleo de industria téxtil e de obxectos tradicionais de consumo como os geta e os tatami. Fundada en 1691 polo señor feudal Katsunari Mizuno, foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial e completamente reconstruída en 1961. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Fukuyama, o templo Myooin e o Museo do zapato tradicional xaponés.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada no inicio do esteiro de Fu-chunjiang, preto de Hangzhou (179.572 h [1990]). Coñecida na Antigüidade co nome de Fuchun, as súas orixes remóntanse á dinastía Qin (221 a C-206 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alquimista árabe. Fóronlle atribuídas numerosas obras, algunhas delas circularon por Europa baixo o nome occidentalizado de Geber.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu o seu maxisterio na catedral de Mondoñedo (1690-1694) e na de Tui (1694-1737). Deixou unha abondosa produción musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritora galega. Da súa produción, enmarcada dentro da literatura para nenos, destaca Moncho e Dríar (1988), O sapo Crisapo (1990) e O espello (1991).
-
CIDADES
Cidade do estado de Bihar, India, na ampla chaira aberta sobre a beira dereita do Ganxes (291.220 h [1991]). Está bañada polo río Phalgu. É un núcleo industrial (industria téxtil, sedeira e algodoeira). Do seu patrimonio cultural destaca o santuario Buddh Gayā, onde está a árbore pippala (Ficus religiosa) baixo a que predicou Buda por primeira vez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, crítico de arte e escritor. Doutor en Filosofía e Letras (1958), dirixiu as galerías Laietanes de Barcelona (1947-1958) e foi cofundador da Asociación Española de Críticos de Arte, da que foi vicepresidente. Colaborou en diversos volumes de Ars Hispaniae: Historia del arte hispánico e de Summa Artis. Das súas obras de temática artística destacan: Historia y Guía de los museos de España (1955), Bibliografía crítica y antológica de Velázquez (1963), La pintura española del siglo XX (1970) e Historia de la crítica de arte en España (1975), ademais de monografías sobre artistas e cidades españolas. Como literato escribiu El santero de San Saturio (1953), Tratado de mendicidad (1962), Historias del cautivo (1966) e Los gatos salvajes (1968). Foi membro do Instituto Velázquez do CSIC, do Instituto de Coimbra e correspondente de The Hispanic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Pertenceu á primeira xeración da Escola de París, cidade na que viviu entre 1928 e 1933. Participou nas Misións Pedagóxicas da Segunda República e durante a Guerra Civil colaborou en Nueva Cultura e Hora de España. Exiliado en México en 1939, residiu en Italia desde 1952, con estancias frecuentes en España ata que regresou en 1984. Cultivou a paisaxe, os bodegóns e a pintura de interiores. Escribiu, entre outras obras, El sentimiento de la pintura (1960) e Velázquez, pájaro solitario (1969). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1995) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2002). En 1990 inaugurouse en Murcia o Museo Ramón Gaya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Coñecido como Julián Gayarre, na súa xuventude ingresou no Orfeón Pamplonés. Hilarión Eslava foi o seu primeiro valedor e responsable da súa marcha como bolseiro ao Conservatorio de Madrid. Posteriormente, acadou unha bolsa da Deputación de Navarra para estudar en Milán e debutou na Scala de Milán en 1876 con La favorita, coa que acadou fama mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo político-administrativo que engloba as institucións de goberno de Catalunya. A súa orixe remóntase á creación das Cortes catalanas no s XIV como organismo permanente de recadación de impostos, que se estendeu polo Reino de Aragón. Foi suprimida por Filipe V trala Guerra de Sucesión (1701-1715) e non foi recuperada como institución ata 1931, coa Segunda República. Proclamada esta, constituíuse en Catalunya o goberno autónomo denominado Generalitat, encargado da elaboración do Estatut d’Autonomia de 1932 aprobado polo Parlamento o 26 de maio de 1933. De acordo con este texto, a Generalitat estaba constituída polo presidente, elixido polo Parlamento e con funcións representativas e executivas; polo Parlament de Catalunya, elixido por sufraxio universal; e polo consello executivo, presidido polo presidente e formado polos conselleiros. O seu primeiro presidente foi Francesc Macià, ao que sucedeu Lluis Companys. A derrota republicana trala Guerra Civil trouxo consigo a derrogación...
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carter Brown, publicou máis de duascentas novelas policíacas, en gran parte protagonizadas polo detective Rick Holman, que gozaron de ampla popularidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e gramático. Pertenceu ao grupo de educadores que realizaron, cara ao 1920, a experiencia pedagóxica do Instituto-Escuela de Madrid. Traballou no Centro de Estudios Históricos baixo a dirección de Ramón Menéndez Pidal. Preparou edicións críticas de clásicos casteláns (Mateo Alemán, Vicente Espinel, Francisco de Moncada, Diego de San Pedro) e fixo numerosos traballos de investigación. É autor do Curso superior de sintaxis española (1943) e Tesoro lexicográfico 1492-1627 (1960), dicionario de dicionarios que abrangue desde o de Nebrija ao primeiro dicionario da Academia Española de 1726-1739. Coordinou a preparación do Dicionario general ilustrado de la lengua española Vox. Tamén estudiou a linguaxe infantil, sobre todo, a partir do bilingüismo de Puerto Rico, e distintos aspectos da lingüística e literatura catalanas. Foi membro da Academia Española e correspondente do Institut d’Estudis Catalans (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa chilena. Coñecida polo pseudónimo de Gabriela Mistral, foi cónsul de Chile en varias cidades e foi unha destacada educadora. Esteticamente dentro do modernismo, a súa poesía, dunha linguaxe simple, viva e lírica, chea de calidez e emoción, poetiza a vida cotiá, vinculada á terra, e amosa unha relación amorosa entre as persoas, a natureza e a cultura. Entre as súas obras destacan Desolación (1922, edición aumentada, 1954), Lectura para mujeres (1924), Ternura (1924), Tala (1938) e Lagar (1954). Recibiu o Premio Nobel de literatura en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO