"atü" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 368.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolla de artigos sobre teatro realizada por G. E. Lessing entre 1767 e 1769. Lessing defende a preceptiva aristotélica, critica a Corneille e a Racine, e presenta como modelo os dramas de Shakespeare.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de sangue na urina. A hematuria é a manifestación de moitas enfermidades locais do ril e do tracto urinario e doutros procesos patolóxicos de orixe renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hematuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de carácter enciclopédico concibida e iniciada polo conde de Buffon. Consta de 44 volumes e foi publicada en París de 1749 a 1804. É un ensaio metodolóxico que esboza os principios para o estudo da historia natural no primeiro volume e xustifica a totalidade da obra. Nos seguintes volumes trata sobre cosmoloxía, xeoloxía, mineraloxía, bioloxía do home e dos animais vertebrados e un longo estudo das aves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade dos cítricos de orixe vírica que se manifesta pola formación de bochas de goma baixo a cutícula do froito pero sen afectar a polpa; as bochas son visibles durante o cambio de cor, e no froito maduro queda una mancha escura afundida e dura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Licencia esixida aos católicos para a publicación de escritos relativos á fe ou á moral. Só a pode outorgar o bispo.
-
-
Volver fatuo.
-
olverse fatuo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inmaturo.
-
-
Que non acadou a madureza.
-
Que non acadou o seu maior grao de desenvolvemento.
-
Que aínda non ten ou non acadou a madureza física ou intelectual axeitada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos compostos que teñen, cando menos, un dobre ou un tripla enlace entre dous átomos de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do macizo de Manzaneda. Esténdese en dirección NO-SL polas parroquias de Requeixo (Chandrexa de Queixa), Pradoalbar, San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). Erguidos sobre unha litoloxía alternante de cuarcitas, granitos, xistos e lousa, presentan testemuños de actividade glaciar cuaternaria. Cunha altitude media superior aos 1.500 m, culmina nos 1.705 m do Seixo, no extremo setentrional da unidade. Polo seu interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico, foron declarados Parque Natural o 5 de xuño de 1997. Os queirogais nas abas, os bosques de ribeira e os soutos nas beiras dos ríos e os pasteiros nos cumios, forman, xunto coas plantacións de piñeirais, a cobertura vexetal deste espacio, situado no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. En época romana houbo explotacións auríferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor armenio. Estudiou no conservatorio de Moscova, do que foi profesor desde 1951. Autor de obras nas que introduciu temas populares armenios, acadou gran popularidade polo ballet Gaiane (1942) e os seus concertos para piano (1936), violín (1940), e violoncello e orquestra (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo latuka.
-
Individuo do pobo latuka.
-
Pobo de África oriental, de etnia nilótida e cultura camítica, que habita ao N de Kenya.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á locución ‘folla de lata’.
-
-
Período de vixencia dun colexio parlamentario, que vai desde a elección dos membros dunha cámara ata a expiración natural ou anticipada do mandato parlamentario. En España, tanto nas Cortes Xerais como nos Parlamentos autonómicos, o período natural das lexislaturas é de catro anos.
-
Conxunto de órganos lexislativos.
-
-
-
Grao que se obtén nunha facultade universitaria ao rematar os estudios e que habilita para exercer unha profesión determinada.
-
Acto en que se concede o grao de licenciado.
-
Estudios que se realizan para obter o grao de licenciado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de metazoos, do grupo dos pentastómidos, de aspecto vermiforme, corpo anelado e sen apéndices. Comprende unhas 15 ou 20 especies parasitas de diversos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: pentastómido.