"cali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 236.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode localizar.
-
-
Acción e efecto de localizar ou localizarse.
-
Factor que expresa a relación de calquera feito xeográfico con outros, en función da súa situación no espacio. Expresa as condicións que presenta calquera emprazamento respecto ás funcións que se cumpren. Fai referencia ás condicións que determinan a elección dun lugar e non doutro, para establecer un cultivo, unha industria ou unha cidade. Inicialmente as condicións adoitan ser favorables, pero os cambios económicos, a multiplicación das relacións e os cambios sociais poden chegar a anular estas vantaxes, e mesmo, obrigar a loitar contra os inconvenientes dunha mesma localización. Feito eminentemente xeográfico, enmarcou tradicionalmente todos os estudios de xeografía como primeiro factor, considerado ás veces determinante. A introdución do librecambismo e o crecemento do valor do solo, sen embargo, fixeron que os economistas se interesasen no seu estudio, e chegaron a elaborar unha teoría da localización. Os seus precedentes sitúanse nos estudios de localización na agricultura de Von...
-
-
-
Que localiza ou serve para localizar.
-
Aparato que serve para localizar.
-
-
-
-
Determinar o lugar exacto onde está algo ou alguén.
-
Situar algo ou a alguén no tempo ou no espacio.
-
-
Manter ou fixar algo dentro duns límites.
-
Manterse algo dentro duns límites.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema social en que os cónxuxes viven na casa da nai da esposa.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Baixa California Norte, México (764.602 h [2000]). É un importante centro agrícola, con cultivos de algodón, cereais, hortalizas e froitas. Destacan as industrias de transformados agrícolas, a química e a siderúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide psicoactivo de efectos alucinóxenos que se obtén da planta Lophophora williamsii (peiote).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Turín, en Piemonte, Italia (53.120 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias de explosivos e farmacéuticas. Conserva un castelo do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou carácter de algo musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalsindicalismo.
-
Partidario do nacionalsindicalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de flotación das colonias de sinóforos que acompaña ao pneumatóforo cando este está pouco desenvolvido. As súas contraccións rítmicas serven tamén para a locomoción da colonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de prestacións esixidas a unha persoa física ou xurídica, á marxe das que configuran o orzamento do Estado. A diversidade de exaccións extraorzamentarias mantén a característica común de ser pagamentos en contrapartida dun servizo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado o 7 de abril de 1934 por Ángel Pestaña Núñez, co obxectivo de se converter no partido político da CNT e romper coa tradicional ortodoxia anarcosindicalista. A súa influencia quedou moi limitada e centrouse nun pequeno núcleo en Madrid, Andalucía, Zaragoza, Asturias e na Comunitat Valenciana. O órgano de expresión do partido foi El Sindicalista pero, coa Guerra Civil Española (1936-1939), tamén apareceron en Barcelona Hora Sindicalista e Mañana. Doutrinalmente, o partido defendía que os sindicatos deberían controlar a produción e as cooperativas a distribución, mentres os asuntos públicos deberían estar controlados polos municipios, nunha especie de estado sindicalista. En Galicia, debido ás múltiples afinidades de Pestaña coa Confederación Regional Galaica (CRG), o partido afiliou a recoñecidos sindicalistas desta organización, como Vicente Orro. Non obstante, os contactos con afiliados como Xosé Prego Vieira non prosperaron, feito que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Costume dalgunhas sociedades segundo a que os casados han de seguir vivindo na aldea ou na facenda do pai do marido, sen que iso supoña necesariamente o patrilinealismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Percal lixeiro, dunha soa cor e de superficie lustrosa que se emprega, sobre todo, como forro de pezas de vestir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de radical.
-
-
Calidade de radical.
-
Actitude radical.
-
Corrente de pensamento político que propugna, dun xeito democrático, reformas profundas ou cambios substanciais das estruturas políticas e sociais do estado. O termo foi empregado por primeira vez en Reino Unido para designar as correntes de pensamento político reformista do derradeiro decenio do s XVIII e da primeira metade do s XIX, que esixían unha maior participación de toda a poboación nos asuntos políticos. Tras a Reform Act de 1832 e a ampliación do sufraxio, o termo foi utilizado progresivamente como sinónimo de liberalismo. En EE UU empregouse para designar a corrente de pensamento político progresista que avogou pola promoción e a defensa dos dereitos humanos nos estados da confederación sudista. En Francia non tomou forma organizativa estable ata 1901, coa creación do Parti Radical, que tivo un peso considerable na vida política do país. En España, a corrente radical cristalizou na á de M. Ruiz Zorrilla do Partido Progresista. Tras un período de decaemento, renaceu con A. Lerroux...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de radicalizar ou radicalizarse.
-
-
Dar un carácter extremo ou radical ás cousas, especialmente no eido político ou ideolóxico.
-
Tomar actitudes extremas.
-