"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Editorial Céltiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario que se produciu en España, principalmente en Catalunya, durante o verán e o outono de 1843. Tiña como obxectivo instaurar unha Xunta Central que democratizase o goberno e exercese a rexencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao centro e a occidente, de forma conxunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na academia de arte da súa localidade natal e en 1943 conseguiu unha bolsa da École des Beaux-Arts de París. Empezou a traballar co metal e, a partir de 1954, utilizou materiais de refugallo e instrumental industrial para a construción mesturada de masas integradas no espacio, como insectos e homes alados de formas agresivas, cheas de vitalidade e cunha gran forza plástica: L’ homme de Saint-Denis (O home de Saint-Denis, 1958) e Relleu (1961). Despois continuou coa liña do novo realismo que cultivara na súa primeira época. En 1975 deseñou a estatua dos César, premios da cinematografía francesa. En 1976 foi nomeado cabaleiro de honor da Lexión Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cianobacterias da orde das croococais, de cor verde agrisada, reunidas en pequenos grupos por cápsulas delgadas e incoloras. Viven en auga doce e sobre superficies húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos cucúlidos ao que pertence o cuco satinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de circunspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separación da unidade dos cristiáns de Occidente provocada pola existencia, entre 1378 e 1417, de varios papas simultáneos, residentes en Roma e Aviñón. A estancia dos papas na sede de Aviñón, que supuxera a modernización do sistema de goberno e administración da igrexa, asumindo o poder temporal, ocasionou a perda de boa parte do contido espiritual da súa misión. Á morte de Gregorio XI produciuse un conclave inmediato, no que foi elixido papa Urbano VI que se instalou en Roma, pero un grupo de cardeais, que votaran coaccionados, elixiron o cardeal francés Roberto de Xenebra, que se estableceu en Aviñón co nome de Clemente VII. O papa romano contou co apoio de Italia, Inglaterra, Irlanda, o imperio alemán, os reinos de Europa central e do norte e Portugal. Mentres, o papado de Aviñón, protexido por Francia, foi recoñecido por Savoia, Escocia e Nápoles e posteriormente por Castela, Navarra e a Coroa catalano-aragonesa. A Urbano VI sucedeuno, en Roma, Bonifacio IX (1389-1404), Inocencio VII...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Roma, no Lazio, Italia, á beira do Mar Tirreno (51.008 h [1998]). O porto realiza o aprovisionamento de Roma e é o punto principal de enlace con Sardeña. As principais actividades económicas están relacionadas co sector metalúrxico e químico. A cidade romana, coñecida como Centum Cellae, cobrou importancia coa inutilización do porto de Ostia e a construción doutro novo por orde de Traxano. Destruída polos ostrogodos, ocupárona os bizantinos (533) e os árabes (828). Estivo sometida a diversos señores feudais ata que se converteu no principal porto dos Estados Pontificios (1431). Urbano VIII levantou as fortificacións e Inocencio XII declarouna porto franco. Foi ocupada polos franceses durante o s XIX ata o 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.

    2. Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas. Maniféstase esencialmente na execución de sentencias e nas funcións policiais.

    3. Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.

    4. Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e tamén sobre o seu propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo e para impedir que vaia contra a moral, os intereses ou o seu xeito de vida. Para Durkheim, a coacción é unha característica definitoria do feito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interacción establecida entre dous organismos dentro dun ecosistema. Pode ser homotípica ou intraespecífica, se se establece entre individuos da mesma especie, e heterotípica ou interespecífica, cando é entre individuos de especies distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que coacciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer presión con coaccións sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johann Koch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista italiano. Profesor de historia das tradicións populares e de etnoloxía na Universidade de Palermo. Da súa produción destaca Storia dell folklore in Europa (Historia do folclore en Europa, 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coccidios.

    2. Protozoo da orde dos coccidios.

    3. Subclase de protozoos apicomplexos da clase dos esporozoos, integrada por individuos pequenos, parasitos de invertebrados e vertebrados. Presentan un ciclo biolóxico moi complexo, no que hai formas móbiles e formas inmóbiles. Poden causar doenzas graves, como paludismo no ser humano e coccidiose nos animais domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza parasitaria producida por coccidios, especialmente dos xéneros Efimeria e Isospora, que se manifesta pola aparición de diarreas, con frecuencia hemorráxicas, anemia e perda de peso. Aféctalles, sobre todo, a animais novos de gando bovino e ovino, galiñas e coellos. Excepcionalmente, pode contraela o ser humano ao inxerir carne pouco cociñada de animais infectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia ou ao composto químico empregado para combater os coccidios, como por exemplo o amprolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cóccidos.

    2. Insecto da familia dos cóccidos.

    3. Familia de insectos homópteros á que pertencen as cochinillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común das xoaniñas do xénero Coccinella.

    VER O DETALLE DO TERMO