1 coacción

1 coacción

(

  1. s f

    Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.

    Ex: Dimitiu do seu posto pola coacción á que o someteron.

    Confrontacións: ameaza.
  2. s f [DER]

    Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas. Maniféstase esencialmente na execución de sentencias e nas funcións policiais.

  3. s f [DER]

    Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.

  4. s f [SOCIOL]

    Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e tamén sobre o seu propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo e para impedir que vaia contra a moral, os intereses ou o seu xeito de vida. Para Durkheim, a coacción é unha característica definitoria do feito social.

Palabras veciñas

Co-hong | coa | CoA | 1 coacción | 2 coacción | coaccionador -ra | coaccionar